Ola familias!!
Esta semana estivo chea de novas experiencias. Comezamos con dúas sesións de Mindfulness para tomar conciencia do corpo e dos sentidos. Convertémonos en flores para escoitar o que nos rodea, ulir, tocar... Tamén fomos conscientes do traballo en equipo, do silencio, do respecto aso demais... Grazas Naiara!!! Foi un pracer!!
Tamén tivemos a sorte de desfrutar dunha sesión de Jiu Jitsu con Iper. A través de xogos puidemos coñecer un pouco máis esta arte e respectar as normas e aso demais. Grazas Iper!! Cantas risas!!
Pero tamén houbo tempo para seguir traballando a nosa creatividade realizando un debuxo con acuarelas sobre o verán.
E reforzamos a identificación de números, maior e menor, ademais do respecto polo turno e as normas grazas ao xogo Mucho Cucurucho, un xogo de verán no que temos que conseguir un xeado con 10 bólas, pero o número de cada bóla ten que ser superior ao anterior.
E por suposto tamén seguimos afianzando a lectoescritura. Os de 4 e 5 anos tiñan que adiviñar a palabra segreda poñendo a inicial de cada debuxo e os máis peques gardaban obxectos no caixón da súa inicial.
Para algúns compañeiros/as o 21 de xuño remata unha etapa, deixan infantil e o curso que ven estarán en primaria. E como hai inseguridades e dúbidas, grazas á profe Lucía e aos nosos compañeiros/as de 1º e 2º puidemos facerlles unha visita, coñecer a aula, cómo se traballa e facerlles preguntas.
Houbo tempo para manexar un pouco de diñeiro e ver como podemos facer para mercar diferentes obxectos. Canto nos fai falla? Moedas, billetes...?
Ademais realizamos pasatempos como sopas de letras e buscar as diferenzas para traballar a lecto e a atención.
E como traballamos tamén a atención? Pois colocando patiños de cores nunha plantilla segundo as indicacións dadas noutra, traballando tamén a orientación espacial.
O luns imos contarlle ao resto dos nosos compañeiros/as todo o que sabemos de China e por iso repasamos todo o aprendido e construimos unha pagoda e a muralla china con lego para ensinarllas.
A semana que ven estará chea de emocións, sentimentos a flor de pel e moitas máis sorpresas.!!!