Ola familias!!
Esta semana foi un pouco rara con ese festivo no medio, pero nós seguimos traballando moito.
Continuamos co flipbook das flores. Nesta ocasión coñecimos o tulipán e para formar o seu nome tivemos que cortar as letras e colocalas por orde. Despois debuxamos un tulipán. Así traballamos lectoescritura, arte e o manexo das tesoiras.
Tamén fixemos unha actividade de arte diferente ás que estamos acostumados. Cun patrón dunha imaxe fixemos o seu contorno, nós a rematamos poñendo os detalles, as coloreamos e despois escribimos o seu nome. Canto estamos avanzando!!
E seguimos con China. Esta semana coñecimos o seu alfabeto. Que símbolos empregan!!! Para poder practicalos escribimos o noso nome en chino nunha tela máxica empregando unha pincel con auga, que cando a auga se vai secando o escrito desaparece.
E como rematamos abril, tivemos que facer o rexistro do tempo. Afianzando o conteo e grafía dos números.
Grazas a Valentina e Marco puidemos tocar lava do volcán das Palmas.
E este mes en valores estamos traballando a cooperación e que mellor que vivenciala para poder interiorizala. Así que nos xuntamos en pequenos grupos para montar quebracabezas.
Na asemblea seguimos traballando moitisimo e afianzando contidos como o anterior e posterior e as equivalencias.
A vindeira semana moito máis!!