Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

TAREFAS DE INGLÉS, ESTIMULACIÓN ORAL E EDUCACIÓN FÍSICA

    Bos días peques,

  hoxe é martes e imos repasar inglés, mover un pouco o corpo e exercitar a nosa lingua. Sorriso

   En inglés imos seguir repasando o alfabeto, polo que vos deixo dous enlaces con vídeos para seguir traballándoo. 

   https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/the-abc-fruity-band

  https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/abc-zoo

   Ademais deixo de novo o enlace do xogo do alfabeto.

   https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/abc-zoo

   Lembrade botarlle un ollo ao blogue de Educación Física e o de "Aula Naranja" para ver as actividades.

  Un bico enorme.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

   O sábado, 2 de maio, foi o Día Internacional contra o acoso escolar. Para concienciar da importancia de respectar aos demais tal e como son e de non illar aos compañeiros e compañeiras deixo este corto no que se nos conta a historia dun ourizo no seu primer día de colexio. El intenta facer amigos pero as súas púas llo poñen difícil: os seus compañeiros sepáranse del e o ourizo séntese triste e só. Finalmente un esquío atopa unha solución para que poida xogar e disfrutar co resto dos animais. 

COMEZAMOS A SEMANA E CHEGAMOS Á LÚA

    Bos días peques,

  Como estades? Listos para comezar una nova semana e novo mes?

   O primeiro que imos facer e ver este vídeo do conto ¿A que sabe la Luna? que nos da una pista sobre o que imos aprender hoxe.

   Agora que sabedes que imos coñecer mellor a Lúa, déixovos un vídeo onde vos conta cousiñas dela e onde tamén vos explico a actividade de lecto- escritura. Imos ter una lanterna máxica que nos permite atopar palabras escondidas (podedes ver que a actividade ten dúas modalidades: unha para os nenos e nenas de 3 anos e outra para os de 4 e 5 anos). Se non dispoñemos da funda de plástico ou da cartolina, podemos usar unha folla en branco e ir buscando as palabras escritas (relacionadas co Sistema Solar e os nomes dos compañeiros/as).

   

   Aquí tedes outro vídeo que vos explica tamén a Lúa.

   

                                                       

    Como puidéchedes ver no vídeo hoxe lle imos a explicar a Pixi os hábitos de hixiene e as prendas de roupa. Imos dicir 5 prendas (sen repetir) dicindo onde as poñemos. Ademais imos traballar a nosa motricidade fina tendendo roupa, dobrándoa, abotoándoa, subindo e baixando cremalleras, poñendo corchetes, atando os nosos zapatos…

   Neste vídeo podedes ver unha canción dos hábitos de hixiene.

   

   Por último vos propoño traballar as nosas emocións. Para iso vos deixo un documento que podedes copiar onde hai 6 frascos que gardan as nosas emocións: alegría, tristeza, rabia, medo, calma e amor. O que temos que facer é poñer cada día un puntiño no bote da emoción que representa como nos sentimos ese día (usando a cor desa emoción) explicando por qué. Por exemplo hoxe eu estou alegre porque a fin de semana puiden saír a dar un paseo, polo que poño un puntiño amarelo no bote da alegría.

   En que bote poñedes vós hoxe o punto?

   

   VER DOCUMENTO ADXUNTO

    Bótovos moito de menos.

  Un bico enorme.

TAREFAS DE RELIXIÓN

   Hola chicas: qué tal esta semana? Espero que disfrutéis de estas pequeñas salidas tan deseadas.

  Vamos a seguir hablando de JESÚS, que tuvo 12 amigos muy especiales, que le ayudaban mucho. Eran sus díscipulos. Sus nombres eran : Pedro, Juan, Andrés …  y así hasta doce.

  Para que los conozcáis un poquito mejor os propongo una canción:

   Colorear el dibujo siguiente (está en el documento adjunto).

  Un saludo.

PLÁSTICA, MÚSICA E VALORES

     Bos días!!

  Como estades peques?

  Hoxe imos facer o noso propio quebracabezas. Aquí tedes o vídeo de cómo facelo. (No vídeo di que hai que escribir os números e no caso dos nenos e nenas de 3 anos poden facer o 1 e o 2, que son os que traballamos; o 3 e o 4 se lles poden marcar con puntiños para que os intenten facer).

   

   Por outra banda, imos facer un EXPERIMENTO: podedes facer o que queirades e máis vos guste. No lado dereito da páxina web, no apartado de proxectos tedes una entrada de CIENCIA ACTIVA onde podedes atopar varios documentos con experimentos para consultar e escoller un.

   O que hai que facer é realizar ese experimento que escollades lembrando os materiais que necesitamos, os pasos a seguir e por qué pasa iso. Despois facemos un debuxo do experimento e lle sacamos unha FOTO ao experimento e ao noso debuxo e mas mandades (o prazo para enviar as fotos é ata O 12 DE MAIO).

   Deixo como documento adxunto unha ficha que recolle eses aspectos que se poden traballar. Unha forma de facelo pode ser que cando xa rematemos o noso experimento podemos debuxar os materiais que empregamos, mamá e papá poden escribirnos os pasos e nós numeralos, cortalos, ordealos e pegalos nunha folla.

   Estades listo para ser uns grande científicos? Estou segura de que sí.Guiño

   

  Ademais vos deixo uns vídeos que vos propón a profe de música.

   Por outra banda, hoxe imos lembrar a importancia da amizade, respectando e querendo aos nosos amigos e amigas como son. Para iso vos deixo este corto: PARTY CLOUD.

    As tarefas de relixión podedes velas na seguinte publicación.

  Bótovos moito de menos!!!

  Un bico enorme!!!

Distribuir contido