Iniciar sesión: Acceso

BENVIDO OUTUBRO!!

Ola familias!! Comezamos un novo mes e con el chegan moitas cousas novas. Unha delas é que a nosa asemblea é cada vez máis completa, porque agora que xa levamos un mes no cole xa temos as rutinas aprendidas e toca descubrir cousas novas. Esta semana, o encargado ou encargada tiña que facer unha actividade de lóxica - matemática moi divertida na pantalla dixital, traballando conceptos como moitas, poucas, algunha, ningunha… 

Tamén seguimos a traballar co noso nome, e para iso fixemos unha actividade na que tiñamos que formar as letras que compoñen o noso nome con plastilina. Non foi nada doado, xa que tivemos que traballar moito coas nosas mans para poder moldear a plasti, traballando así motricidade fina á vez que aprendemos as nosas letras. 

Outra das novidades foi que comezamos a traballar o proxecto deste primeiro trimestre: o corpo humano. Primeiro fixemos unha choiva de ideas na asemblea sobre o que sabíamos do noso corpo: temos brazos e pernas, orellas, ollos, sangue, ósos... e tamén falamos daquilo que nos gustaría conocer, como por exemplo que temos dentro da cabeza, se temos sangue en todo o noso corpo ou como respiramos. 

O primeiro que comezamos a traballar sobre este proxecto son as partes da cara, polo que tivemos que facer esta actividade que veredes na que tiñamos que formar os nomes das partes da cara que aprenderamos pero cuns sellos con letras. 

Unha das novas que máis nos gustou foron os ambientes. Xunto cos nenos e nenas da clase da profe Noe e da profe Rocío, desfrutamos de diferentes ambientes nas tres aulas de educación infantil o martes, mercares e xoves en pequenos grupos heteroxeneos. Foi moi divertido porque coñecimos a nenos e nenas das outras clases de infantil e pasámolo moi ben xuntos. 

No ambiente de xogo simbólico tiñamos o Hospital A Laxe, onde estivemos curando aos compis que estaban enfermos, tiñamos termómetro, tiritas, vendas...

No ambiente de arte tiñamos papel continuo de cor branco e diferentes pinturas de dedos con cores de otoño onde deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade para facer obras moi chulas. 

No minimundo tivemos unha paisaxe de outono chea de animais.

Na mesa sensorial tiñamos habas e diferentes figuras de outono, así como culleres, vasos, pinzas... 

No ambiente de reto tiñamos que intentar construir con LEGO algún dos modelos que tiñamos.

Outro ambiente que nos gustou moito foi o dos erizos, onde tiñamos que darlles de comer cunha culler.

No ambiente de vida práctica aprendimos a poñer a mesa.

E por último nos experimentos tivemos unha actividade moi difícil na que tiñamos que botar auga nuns botes intentando recrear as diferentes imaxes que tiñamos de modelo. 

Na aula tamén tivemos diferentes propostas ao longo da semana, como as seguintes nas que fixemos quebracabezas seguindo as secuencias, un memory de animais, ou a composición dos nosos nomes con depresores e letras móbiles. 

Xa casi para rematar, esta semana comezamos co préstamo de libros da biblioteca do cole. Xa levábamos moitos días preparándonos para este momento, xa que fumos a visitar a biblio e elixir os nosos contos e tamén estivemos decorando as nosas bolsas para levar os préstamos a casa na fin de semana. Para levar un control de que contos xa limos e cales non, cada neno ou nena deberá buscar o seu nome na libreta de préstamos de biblioteca que temos na aula e deberá tachar o conto que leva cada semana. 

Por último, fixemos unha pequena excursión ao patio do cole para recoller castañas e follas, xa que a semana que ven imos facer unha actividade moi guai para a que necesitaremos algúns materiais de outono como estes. 

Non queremos despedirnos sen recordar o aniversario dunha das nosas compis, Sofía! Celebrámolo o luns e coma sempre pasámolo moi ben bailando e cantando. 


Ata a semana que ven, familias!!