Iniciar sesión: Acceso

PRIMEIRA SEMANA COMPLETADA

Ola familias!!! 

Esta semana tivemos na aula diversas propostas para traballar a lectoescritura, a lóxica matemática, o arte.... Aquí volas mostramos!! Guiño

A/O encargada/o xa fixo todas as tarefas da asemblea, entre as que están debuxarse así mesma/o para traballar a representación do esquema corporal.

Tamén ten que poñer o anterior e posterior dun número, se necesitamos axuda podemos mirar a táboa do 100.

E ao igual que faciamos o curso pasado, realizamos algunha das actividades propostas na pantalla para afianzar certos contidos lóxico matemáticos, como poden ser os cuantificadores.

Como propostas de lectoescritura tivemos que poñer a inicial dunha serie de imaxes, traballando así a conciencia fonolóxica e atención.

Formar o nome dunha imaxe coas letras que estaban dentro dun saquiño.

E clasificar diferentes imaxes segundo o seu número de sílabas do seu nome.

Dentro das actividades de lóxica matemática realizamos sumas, lembrando que nesta operación temos que xuntar, ademais de afianzar o conteo e a identificación de grafía- cantidade, posto que tiñamos que sinalar o resultado da suma.

E fixemos series con diferentes formar xeométricas, traballando ao mesmo tempo as nosas manciñas, posto que había que unir as pezas e cada un/unha tiñamos a nosa estratexia.

Tamén estamos realizando actividades en grande grupo, nesta ocasión nos debuxamos a nós mesmos para traballar o esquema corporal. Primeiro o fixemos a lapis, logo o repasamos co rotulador da cor que nós quixeramos (toma de decisións) e logo coloreamos as folliñas do marco con moito coidado porque eran pequechiñas, traballando a concentración.

E tamén realizamos o primeiro grafismo creativo do curso para decorar un estoxo con algúns dos seus elementos, traballando así temén vocabulario da escola. Primeiro colliamos un pauiños cun grafismo, logo a cor da que o iamos facer e despois o realizábamos. Canta precisión, toma de decisións, respecto polas producións dos demais, colaboración para pasarnos cores...

Tamen fixemos o debuxo dun conto, actividade que nos gusta moito. A profe leunos o conto de "El caballero dle trasero en llamas" e logo cada un fixo o debuxo que mellor representaba a historia, cada un/unha oq ue quixo: o cabaleiro, o dragón... Para rematalo o coloreamos con coidado e despacio.

Tamén tivemos bandexas sensoriais de fabas e bolas de xel coas que traballamos a coodinación óculo- manual, os trasvases e a clasificación, posto que á hora de recoller as boliñas de xel tivemos que gardalas por cores no seu bote correspondente.

Con este xogo podemos reforzar a orientación espacial, sempre adaptado ao nivel de cada un/unha. Tiñamos que colocar as casiñas segundo nos dicía a tarxeta, pero tiñamos que fixarnos moi ben para ver en qué cadriño ía cada unha.

Encántanos debuxar e por iso puidemos facelo de forma libre.

Dentro do xogo simbólico tiñamos a mesa montada e houbo que servir a comida.

A clasificación e os trasvases como vedes estiveron moi presentes esta semana.

E xa estreamos a plastilina este curso, con moldes de letras, corazóns... para traballar a nosa motricidade fina e a forza das nosas mans.

Por fin nos chegaron os mobles que nos faltaban para a aula e xa estreamos un co circuito de coches, xogando xuntos e desfrutando do tempo que compartimos.

Nun momento de xogo libre uns compis escolleros o xogo da jenga e a profe Laura, que está con nós, propuxo facer un dominó coas cores do arco da vella. Algunha vez caeu ao poñer as pezas e tivemos que comezar, pero pasámolo xenial.

E os quebracabezas requiren moita atención e concentración , por iso o noso compi está tan concentrado.

Boa finde familias!!! Ata a semana!!