Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

SATURNO

   Bos días peques!!

  Xa é venres e hoxe imos coñecer outro planeta do Sistema Solar: Saturno. No vídeo vos conto cousiñas sobre el.

  Ademais vos explico a actividade. Imos traballar a conciencia fonolóxica buscando pola casa obxectos que comecen polas letras que forman a palabra Saturno. Os nenos e nenas de 3 anos só teñen que identificar as letras e se é posible buscalas pola casa.

 Ademais hoxe a Pixi lle imos ensinar as normas de seguridade vial e algunhas señais. Para iso vos deixo uns vídeos onde podemos coñecelas.

   E como tódolos venres vos deixo uns enlaces para xogar.

   Un memori: https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-animales

   E quebracabezas: https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/transporte

   Boa fin de semana!!!

 Mil bicos enormes.

TAREFAS DE RELIXIÓN

   Hola chicas, ¿cómo estáis? Esta semana os propongo una historia que Jesús contaba a la gente. Esta historia se llama "La oveja perdida".

   

   Aquí tenéis el vídeo.

   Y aquí la canción.

   En el siguiente enlace podéis hacer un puzle.

   http://www.primeraescuela.com/rompecabezas-en-linea/oveja.htm

  Además en el archivo adjunto tenéis una manualidad para hacer.

  Un saludo.

  Flor.

ACTIVIDADES DE ARTÍSTICA, MÚSICA E VALORES

   Bos días peques!!

 Hoxe en artística (plástica) podedes debuxar o que vos queirades e o que máis vos guste. Estou segura de que serán un debuxos preciosos e estou desexando velos. Sorriso

   En música, a profe Rocío vos trae un conto musical cantado por ela, “Non fai falta a voz” que seguro que vos gusta.

   En valores imos ver o corto "Soar", no que, a pesar de que unha nena non pode facer que o seu avión voe, sí pode axudar a outro neno. Ás veces non nos saen as cousas como queremos, pero podemos axudar aos demais a conseguir os seus soños.

   

  As tarefas de relixión volas mostro noutra publicación.

   Mil bicos enormes!!

XÚPITER E MEDIOS DE TRANSPORTE

   Ola peques!!

 List@s para as tarefas de hoxe?

  Comezamos coñecendo outro planeta: Xúpiter. No seguinte vídeo volo presento. Ademais vos explico a actividade.

    Imos xogar aos bolos como se a pelota fose Xúpiter, ver se tiramos moitos ou poucos bolos e contamos cantos tiramos (os nenos e nenas de 3 anos só contan).

  Os peques de 4 e 5 anos ademáis, cando rematamos de xogar tódalas partidas, podemos sumar cantos bolos tiraron en total como se explica no vídeo.

  Ademais lle imos ensinar a Pixi os medios de transporte. No vídeo que vos deixo a continuación podemos lembrar cales son e logo facer un xogo moi divertido seguindo unha secuencia como se fose o percorrido que fai un coche, moto, etc. (Ademais das dúas formas que explico no vídeo de cómo facer a actividade, pódese facer tamén cun coche de xoguete ou un boneco que faga o percorrido da secuencia).

   As secuencias poden ser: 1-2-3-4-5-6-7-8-9-10      2-4-6-8-10     

1-3-5-7-9    1-3-4-2-5-8-7-6-9-10

   

   Para rematar aquí tedes unha canción dos medios de transporte.

    Mil bicos!!

TAREFAS DE INGLÉS E BLOGUES DE EDUCACIÓN FÍSICA E AULA NARANJA

   Bos días peques!!!

  Hoxe en inglés imos seguir repasando os números. Déixovos varios enlaces con diferentes xogos moi divertidos para repásalos.

   https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/numeros-con-mono-japi  

  https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/contando-con-raton-ramon

  https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/conecta-los-puntos-1-a-10

  E como sempre, botádelle un ollo aos blogues de Educacion Físca da profe Lidia e ao da Aula Naranja da profe Gemma.

   Mil bicos!!

Distribuir contido