Iniciar sesión: Acceso

SATURNO

   Bos días peques!!

  Xa é venres e hoxe imos coñecer outro planeta do Sistema Solar: Saturno. No vídeo vos conto cousiñas sobre el.

  Ademais vos explico a actividade. Imos traballar a conciencia fonolóxica buscando pola casa obxectos que comecen polas letras que forman a palabra Saturno. Os nenos e nenas de 3 anos só teñen que identificar as letras e se é posible buscalas pola casa.

 Ademais hoxe a Pixi lle imos ensinar as normas de seguridade vial e algunhas señais. Para iso vos deixo uns vídeos onde podemos coñecelas.

   E como tódolos venres vos deixo uns enlaces para xogar.

   Un memori: https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-animales

   E quebracabezas: https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/transporte

   Boa fin de semana!!!

 Mil bicos enormes.