Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ESPECIAL GRAZAS Á VISITA DAS FAMILIAS

Ola familias!!

Esta semana foi máis curta do habitual, pero estivo chea de propostas diferentes.

Unha delas foi o minimundo da charca onde puidemos atopar, manipular e xogar con ras, peixes e sapoconchos.

Ademais demos por rematado o flipbook das flores, a última foi a amapola. Nesta ocasión escribimos o nome e como nas anteriores tamén a debuxamos.

Esta semana celebramos o día da familia e para ese día preparamos un pequeno agasallo con todo o noso corazón: un chaveiro no que pintamos un corazón con témpera e bastoncillos. Canta concentración, atención, tranquilidade e coordinación óculo manual.

Tamén coñecimos outra clasificación dos volcáns, esta vez pola súa forma. Despois clasificamos imaxes de cada tipo.

Como proposta de lóxica matemática, os máis peques da clase traballamos a grafía dos números repasándoos na pizarra co noso dediño. Que mellor que interiorizar un contido que vivenciándoo.

E os demais xogamos ao bingo, así identificamos números, respetamos as normas, traballamos a atención...

Outro minimundo desta semana foi o da area, pero nesta ocasión con vehículos e palas.

Este ano se lle adicaron as Letras Galegas a Luisa Villalta, unha muller polifacética que ademais de escribir tamén tocaba o violín. Despois de ler un fragmento da súa obra que falaba das estacións do ano, cada un/unha dixo a súa estación preferida, nos xuntamos os que escolleramos a mesma e fixemos un debuxo dela.

Seguimos ca maqueta dos volcáns, nesta ocasión pintamos o volcán, desenvolvendo estratexias e toma de decisións, xa que cómo fago se non chego a pintar polo outro lado? Pois doulle a volta.

E chegou o día da familia, no que tivemos a sorte de contar con vós e vivir un momento especial. Previamente fixemos un debuxo da nosa familia, traballando así o esquema corporal.

E aquí pode verse o resultado do noso tributo a Luisa Villalta: un retrato decorado coas cores de Mondrian e feito en equipo coas nosas familias. Tedes na páxina principal un vídeo resumo deste día.

 

A vindeira semana moito máis!!Sorriso