Ola familias!!
Comezamos o último mes do curso con sentimentos encontrados: por un lado con moitas ganas de desfrutar do verán, pero por outro con nervios porque os maiores soben a primeiro e se preguntan se os imos botar de menos e por suposto que os botaremos de menos, pero no veremos no recreo e polo cole e haberá moitas apertas
E nós seguimos traballando moito e afianzando contidos. O luns ao chegar nos atopamos cunha heladería lista para servir ricos helados de amorodo, limón, laranxa, arándanos, de pitufo.... E a iso nos puxemos mans á obra!! Pronto se mesturaron os sabores e xurdiron outros novos, e o importante é que desfrutamos e desenvolvemos a nosa creatividade, motricidade fina, experiencias sensoriais...
Tamén traballamos a nosa creatividade facendo debuxos de forma libre sobre o verán na nosa tea máxica na que pintamos con auga, pero logo o debuxo desaparece. Houbo moitos soles e piscinas.
E seguimos con actividades de lectoescritura, nesta ocasión para traballar o vocabulario do verán. Limos a palabras, a formamos en maiúscula e minúscula (os máis maiores) e logo a escribimos. Que ben traballamos!!!
Xa temos listas as nosas bolsas para levar os traballos deste trimestre á casa. Pintamos unha estrela de mar coa cor que cada un/unha quixo e lle pusxemos uns olliños e lle fixemos a boquiña; pronto as veredes!
E tamén temos rematadas as portadas dos traballos: unha cuncha decorada con grafismos creativos das cores que nos quixemos para traballar a toma de decisións e a motricidade fina con grafismos que nos axudan na escritura.
O martes fomos de excursión ao teatro Jofre a ver aos nosos compañeiros/as de teatro que o fixeron xenial.Noraboa compis!!
Á volta collimos forzas merendadno fóra aproveitando o bo tempo.
O mércores 5 de xuño conmemoramos o día do Medio Ambiente. Para iso en equipos mixtos saímos á fora a recoller o lixo que había polo cole e tomamos rexistro do mesmo, clasificándoo segundo fose papel, plástico, cartón... Que ben traballamos en equipo e como nos concienciamos da importancida de coidar o entorno que nos rodea.
Outra actividade desta semana para traballar a atención foi identificar as cores en imaxes do verán usando a caixa de cores de Montessori.
E nos gustan moitos os Numberblocks, por iso repasamos o conteo, a grafía- cantidade e as sumas empregando imaxes destes personaxes.
A semana que ben moito máis, que estará chea de sorpresas e novas actividades!!