Iniciar sesión: Acceso

VOLCÁNS, AMORODOS E MOITO MÁIS

Ola familias!!

Aquí estamos de novo para mostrarvos un poquiño todo o que fixemos esta semana.

Comezamos o luns traballando a medida e os utensilios que necesitamos para facelo: regra e metro, todo dependendo do que vaiamos a medir.

Desta forma decidimos qué medir, collíamos o utensilio necesario e medíamos. Despois deixamos todo rexistrado. Medimos de todo: pizarra, contenedor, mesa, bote ata aos nosos compañeiros/as, traballando lectoescritura, numeración, concentración, toma de decisións, estratexias...

Os máis peques seguimos traballando a asociación de grafía cantidade, ao mesmo tempo que seguimos coa coordinación óculo manual e a motricidade fina. Así tiñamos que formar torres de policubos segundo o número que nos indicaba un recadro. Houbo diferentes estratexias posto que non todos puxemos os policubos un enriba doutro, pero a cantidade que se pedía estaba.

Tamén realizamos debuxos seguindo os pasos indicados, aprendendo a facer debuxos que moitas veces nos custan un pouco ou cremos que non podemos facer. Para rematar os repasamos con rotulador negro. Canta concentración!!

Un das proopostas desta semana foi recoller xoaniñas do céspede e botalas nun recipiente, pero para iso usamos as pinzas para seguir co traballo das nosas mans.

Como proposta de lectoescritura tivemos que buscar nun bote insectos escondidos, pois estaban mesturados con arroz da mesma cor e non se vían moi ben. Despois anotábamos o seu nome. Os peques da clase tiñamos un soporte co nome do insecto.

E fixemos unha actividade de memoria e lecto, lembrando os utensilios que necesita o/a vulcanólogo/a para realizar o seu traballo. Para iso mirábamos o utensilio e buscabamos o seu nome entre varios carteis, cortábamos e pegamos.

Outra actividade de arte que fixemos foi pintar un amorodo seguindo a técnica de Andy Warhol, empregando sempre as mesmas cores en cada un dos debuxos, pero en zonas diferentes. Fíxémolos todos xuntos e pasiño a pasiño, aprendendo a pintar cada zona dun debuxo de distinta cor e respectando o tempo dos demais. E como a lectoescritura está presenta en calquera actividade anotamos o nome da froita.

O minimundo desta semana estivo relacionado cos paxaros.

E aquí podedes ver outra proposta de lóxica matemática para os máis peques: ordear cubitos de xeo do 1 ao 18, traballando a recta numérica e logo asociando outros cubitos con puntiños co seu número, traballando o conteo e a asociación de grafía cantidade.

E os peques de 4 e 5 anos traballamos a secuencia de obxectos para que un boneco pudiese chegar ao cofre do tesouro, pero tiñamos que fixarnos moi ben na dirección na que tiña que ir porque se non poñiamos ben os elementos non podría chegar.

Esta semana tocounos regar as leitugas.

Dentro da sesión de valores seguimos traballando a cooperación e nesta ocasión xogamos a xogos de mesa en grupos mixtos, respectando as normas, o turno de cada un e axudando aos máis peques se o necesitaban.

E o venres coñecimos a última clasificación dos volcáns, nesta ocasión segundo a súa erupción.

E como estamos e maio e non queremos rematalo sen traballar os maios, coloreamos un pouco a pouco, traballando cambio de cores, respecto de elementos, concentración...

No xogo libre con distintos materias desenvolvemos a nosa creatividade e aquí podedes ver as nosas flores con elementos imantados ou o sol que fixo o noso compañeiro Nico. Guiño

Xa levábamos varios venres sen película por diversos motivos e onte rematamos de ver a película dos Octonautas e o Cinturón de fuego. Que orgullosa estaba a mestra cando na peli empezou a entrar en erupción o volcán e falamos de que tipo de erupción era. Houbo moitas hipóteses, pero ao final decidimos que era peleano. Como aplicamos o que aprendemos!!!

Ata a semana que ven!!! Sorriso