Ola familias!!
Vaia semana tan intensa tivemos. E tamén triste por ter que despedirnos de Ana.
Aquí vos amosamos todo o traballado durante estes días.
Comezamos o luns cunha proposta sensorial e de creatividade posto que tivemos que ser xardineiros/as e decorar macetas con flores e como terra tivemos que botar lentellas, traballando así os trasvases.
Como propostas de lóxicamatemática, os peques da clase tivemos que ordenar cartas da baralla contando os elementos que había en cada unha, afianzando o conteo e a didentificación de números.
Os maiores completamos as flores numéricas, traballando o anterior e posterior e sumas e restar decenas.
E os peques de 4 anos completaron un gusaniño ao que lle faltaban números.
Tamén rematamos as nosas flores para o día do libro, pois este ano fixemos unha versión da flor de San Jordi e nós fixemos unha margarida, pintándoa da cor que quixéramos (toma de decisións) e escribindo nunha folliña o día que se celebraba e o ano.
En canto ao proxecto dos volcáns, nesta ocasión fixemos un experimento creando o magma,e vendo como pasa por cada unha das parte do volcán, así repasamos o traballado a semana pasada.
E como proposta de arte decoramos unha bolboreta con grafismos creativos escollidos por nós, o que supuxo aprender a facer algún novo e así avanzamos na realización de novos debuxos.
Outra das actividades para celebrar a Semana do Libro e que fixemos cos nosos compañeiros/as de primaria foi recomendar o noso libro favorito e para iso debuxamos a súa portada, escribimos o título e pintamos unhas estrelas segundo nos gustaba moito ou pouco.
E compartimos momentos especiais cos apadriñamentos lectores, onde os maiores lles leron as máis peques do cole.
E aquí vedes como expuxemos as nosas recomendacións de libros no mural de Bookflix.
Seguimos co flipbook das flores, nesta ocasión coñecemos o lirio e tivemos que debuxalo e formar o seu nome poñendo selos de letras de cores, sempre a actividade adaptada ao nivel do alumnado.
Outra das actividades foi debuxarnos e traballar a representación do esquema corporal, decorando despois o marco.
Esta semana tivemos unha proposta de minimundo relacionada coa primavera e pudiemos crear e manipular un material novo.
Tamén realizamos outra proposta de lóxicamatemática. Os maiores completamos os crucinúmeros, os peques de 4 anos colocamos osiños de cores dentro da táboa do 100 nos números que dicía a mestra, e os peques de 3 anos contamos elementos nunha tarxeta e poñiamos unha pinza no número correspondente, traballando conteo, motricidade fina e identificación de números.
Para rematar o mes da saúde, falamos da importancia de facer deporte e exercicio e nesta ocasión bailamos seguindo os pasos dunhas coreografías.
Os xoves nos xuntamos os peques de 4 e 5 anos das dúas aulas de infantil e esta semana traballamos a entrevista, entrevistando a un compañeiro/as realizándolle as preguntas da folla e deixando rexistro, traballando a expresión oral e a lectoescritura.
E rematamos a semana traballando as nosas mans coa plastilina.
Traballando a creatividade decorando un arco da vella con pompóns de cores.
E como proposta de lectoescritura tivemos que poñerlle o nome a unhas imaxes que había nunha folla buscamdo dito nome nuns carteis que estaban repartidos pola aula. Os peques de 3 anos tiñan que buscar a súa inicial.
E por último limos o conto de "Vivan as uñas de cores" e despois pintamos uñas traballando a concentración, a atención, a coordinación óculo-manual.
Logo seguimos vendo a película dos Octonautas e o Cinturón de fuego.
E como di o título desta publicación, esta semana tamén foi de despedida. A profe Ana rematou a súas prácticas e tivo que marchar, algo que nos puxo moi tristes porque a queremos moito e a imos botar de menos.
Ana queremos dicirte que foi un privilexio terte con nós, aprender de ti, compartir momentos contigo e que tes un lugar no noso corazón para sempre. Querémoste e sabes que poder vir cando queiras. Esta sempre será a túa clase.