Ola familias!!
Esta semana despedimos o mes de maio, xa non queda nada para o verán (estamos desexando que chegue).
Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos durante este días.
Seguimos repasando/afianzando contidos matemáticos (patróns, conteo, táboa do 100...) na asemblea.
Tamén traballamos a atención e a memoria co memory dos insectos.
Tivemos debuxo libre nunha das pizarras da clase. Creatividade en estado puro.
Como proposta de lectoescritura os peques de 4 e 5 anos tivemos que pensar e escribir, sempre respectando o noso ritmo, palabras que comezasen pola letra indicada.
E os peques de 3 anos clasificamos insectos pola súa inicial, traballando a conciencia fonolóxica.
Ademais rematamos os nosos volcáns, nesta ocasión lle pintamos a lava.
O luns tamén despedimos a Arya, a auxiliar de conversa. Moitas grazas!!!
Traballamos as simetrías con este material no que tiñamos que unir as dúas partes das bolboretas que coincidiesen.
E rematamos o proxecto dos volcáns coñecendo 5 dos volcáns máis famosos: El Teide, Etna (do cal puidemos ver unha noticia recente na que se amosaba como botaba aros de fume), Fuji, Kilimanjaro e Krakatoa (o máis perigoso).
E como unha das actividades de arte creamos unha margarida: primeiro puxemos gomets de cores nuns puntos como máis nos gustase (toma de decisións), despois rodeamos eses gomets coa mesma cor partindo do centro e logo coloreamos por dentro.
E outra das actividades foi facer un dente de león con dúas técnicas diferentes: pintando papel de burbullas e estampándoo na cartolina ou facéndoo cun bastonciño.
E como sempre, actividade para traballar o esquema corporal. Despois decoramos o marco seguindo unha serie. Como os maiores rematamos antes axudamos aos máis peques. Somos un equipo!!
E o venres tivemos o pracer de recibir a visita de Chelo Loureiro, que nos contou moitas cousas sobre ela e coa que fixemos unha foto para ter de recordo.
Como rematou maio tivemos que facer o rexistro do tempo, o último do curso. Así traballamos o conteo, a asociación de grafía cantidade, a grafía dos números...
A lectura deste venres foi un conto sobre Blu, un boneco que ten medos e como os supera. Despois fixemos un debuxo da historia.
O noso compañeiro Nico trouxo unhas tarxetas con animais que nos dicían movementos a facer, e alá que saímos a facelos!!
E aproveitando este bo tempo saímos a xogar un ratiño para rematar a xornada do venres.
Chelo Loureiro trouxo un dos seus Goyas e puidemos sacarnos unha foto con el.
Boa fin de semana!!