Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

MANUALIDADE, CONTO MUSICAL, VALORES/RELIXIÓN

   Bos días peques!!!

 Hoxe imos facer unha manualidade moi chula: un telescopio. No vídeo vos explico como facelo.

   

                             

   A profe de música Rocío vos trae outro conto musical: "Lobo feroz". Disfrutade!!

   Por último, imos ver dous cortos onde aparecen as mesmas personaxes e nos que teñen unha serie de problemas entre eles, como os que podemos ter nós con compañeiros/as ou amigos/as, pero imos ver que se todos poñemos da nosa parte podemos solucionalos sen que ninguen saia perxudicado.

   En relixión seguides coas tarefas da semana pasada: a ovella.

 Mil bicos enormes!!

URANO

   Bos días peques!!

 Hoxe vos presento o planeta Urano. No vídeo podedes ver cousiñas sobre el. Ademais vos explico as actividades. Na primeira imos repasar as 4 figuras xeométricas principais e para iso temos que buscar esas figuras pola casa, marcar con paus cantas vemos e logo contalas e escribir o número (os nenos e nenas de 3 anos necesitan un pouquiño de axuda).

   Para a segunda actividade vos deixo dúas fotos nas que tedes buscar 5 diferenzas, as atopades?

   Nos vos esquezades das superheroínas.

  Mil bicos enormes!!!

PAPIROFLEXIA E VIDEOCONTO

   Desde Afundación nos propoñen dúas actividades moi interesantes.

 Por un lado, un pequeno taller de papiroflexia onde podemos aprender a facer un pez. Vos animades?

   Ademais nos acerca un novo videoconto: "El pastel de la abuela" por Carles García Domingo. De que será o pastel? Vos deixo o vídeo para que poidades responder á pregunta Guiño

   Mil bicos!!!

INGLÉS, PSICOMOTRICIDADE E ESTIMULACIÓN ORAL

   Bos días peques!!

 Hoxe é martes e polo tanto imos repasar un pouquiño de inglés, mover algo o noso corpo e traballar coa nosa lingua.

   

    De inglés vos deixo de novo os enlaces para repasar os números do 1 ao 20, pero lembrade que primeiro temos que facer do 1 ao 10 e cando estes nos saian ben pasamos aos seguintes.

  https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/conecta-los-puntos-1-a-10

 https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/romecabeza-numeros-1-a-10

 https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/rompecabeza-numeros-11-a-20

   Non vos esquezades de botarlle un ollo aos blogues de Educación Física e da Aula Naranja para ver qué actividades vos propoñen.

   Mil bicos!!!

A MIÑA SUPERHEOINA

   Bos días peques!!

 Comezamos a última semana de maio e hoxe imos facer unha actividade relacionada coa igualdade. No vídeo vos explico como facela e ademáis na imaxe as familias podedes ver en qué consiste dita actividade (tamén estará no documento adxunto).

   Estou segura de que o faredes xenial!!!

 Cando rematedes a tarefa envíademe unha foto do resultado por whatsapp. A data límite de entrega é o venres 29 de maio.

 Bótovos moito de menos!!!

 Mil bicos!!!

Distribuir contido