Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

O OUTONO

   A semana pasada comezou o outono e hoxe ao chegar á clase puidemos ver o noso recuncho desta estación do ano na que nos atopamos. Nel temos elementos típicos como cabazas, castañas, noces, piñas, landras... e elementos de decoración como esquíos, ourizos, cogomelos e ata unha señora asando castañas.

   No recreo estivemos collendo follas e ata atopamos castañas. Despois coas follas, pintámolas coas cores do outono (laranxa, vermello e marrón) e estampámolas nunha follas en branco. Quedaron xenial!!!

                                  

                                 

                                 

OS NOSOS NOMES

   Ola!!

   O outro día estivemos traballando cos nosos nomes: os nenos e nenas de 3 anos decoraron a súa incial con pegatinas de estrelas amarelas e os nenos e nenas de 4 e 5 anos pintaron con bastoncillos e témperas os nomes nas caixas do seu material individual. 

  Quedaron preciosos!!!

             

            

 

NORMAS FRONTE O COVID- 19

   Ola!!!

 Aquí vos amosamos as nosas normas para loitar todos xuntos contra o Covid.

BENVID@S!!!

    Benvid@s nenos, nenas e familias!!!.

  É verdade que será un curso atípico e diferente, pero a ilusión e as gañas están sempre presentes e son as que predominarán durante toda esta andaina que hoxe comezamos.

  Neste blogue iremos amosando as novas aventuras que viviremos durante todo este tempo.

  Aquí vos deixo o horario deste curso. Lembrade que o día que temos Psicomotricidade, os nenos e nenas deben vir con roupa e calzado cómodo.

  Ademais, vos lembro a noso correo electrónico para calqueira consulta que desexedes facer: pequesalaxe@gmail.com

   

                                                                 Tamén está como documento adxunto

    Un bico enorme,

  Rocío

CELEBRANDO CUMPLEANOS!!

   Hoxe queremos dar os parabéns a Sara e a Erika porque estiveron de cumpleanos nestes días que levamos de confinamento e non puidemos celebralo no colexio. Con todo o cariño do Clautro. Agardamos que vos guste!!

  Moitas felicidades ás dúas.

Distribuir contido