Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

ESCAPE ROOM DE SAMAÍN: RESCATAMOS A ADELITA

   Hoxe tivemos unha sorpresa.!!

 Cando chegamos á aula vimos un paquete cun candado e unha carta onde alguén nos dicía que quería pasar tempo con nós, pero que necesitaba axuda para saír da caixa. Para poder axudala tiñamos que resolver unha probas e como tod@s estábamos dispostos a botarlle unha man comezamos coas probas.Cada unha estaba nun sobre cos nomes dos nen@s que tiñan que resolvela.

                                     

  A primeira era para Sara, Paula e Dylan. Tiñan que marcar o camiño para que a bruxa conseguira a súa escoba e díronse conta que se formabamos a palabra ESCOBA conseguíamos o camiño, pero claro alí había un cadro que non entendiamos. Entón Naela dixo que tiñamos que escanealo e iso fixemos. Coa axuda dun móvil limos o código QR e levounos a unha foto da portería do patio. Así que alí fomos correndo a ver que había.

                                

                  

                           

  Pero antes fixemos unha parada en conserxería para preguntarlle a Ricardo quen trouxera o paquete porque a mestra non sabía nada e queriamos saber como chegara á nosa clase.

  Xa no patio estivemos mirando polo espazo e na portería atopamos o número 3 e outro sobre. Este levaba os nomes de Laura, Rita, Francisco, Naela, Luis e Alex. Abrímolo e tiñamos outra proba. Esta consistía en facer unha suma segundo a lenda que había no sobre e iso fixeron os nenos de 4 anos. Ao rematar déronse conta que na lenda o número 8 tiña a foto do invernadoiro e alí fomos correndo a ver se había algún número.

                                            

                             

  Alí atopamos o número 4 e outro sobre. Este era para Jimena, Marcelo, Daniela, Ainara, Antón e Malia. Nesta proba tiñamos unhas pezas dun quebracabezas que tiveron que formar, pero claro nós non tiñamos unha cabaza con larperiradas. Ahh, pero Daniela fixouse que na súa peza había unha árbore, así que démolles a volta ao quebracabezas e era unha foto do parque de infantil!!! E alí fomos.

                              

  Ao chegar alí vimos un anaco de papel pero no había ningún número. Lembramos que preto da caixa había unha bolsa con materiais que nos fixeron falta nas outras probas, así que buscamos e atopamos un bolígrafo que tiña luz. Entón enfocamos o papel coa luz e vimos o número 5.

  Xa tiñamos os tres números para poñer no candado!!!

  Fomos á clase e a encargada, Ainara, puxo ese tres números e sacamos o candado para liberar a Adelita, que era quen firmaba a carta.

 

  Cando a liberamos puidemos ver que Adelita era unha dragona de cor morada que tiña unhas instruccións para pode xogar con ela: tiñamos que ver a súa barriga para coñcer os tesouros que gardaba nela.

     

  Agora xa sabemos como xogar con Adelita, o noso novo recurso do recuncho de lóxica matemática coa que podemos traballar a atención, as cores, a clasificación e o conteo.


PISTA PARA O ESCAPE ROOM

   Esta é unha das pistas que necesitarán os nenos e nenas de infantil o vindeiro xoves para poder realizar o Escape Room de Samaín. Pero, CHSSSSSS!!! Gardade o segredo porque eles e elas aínda non saben nada, é unha sorpresa!!!!

PLANTAMOS LEITUGAS

   Ola!!

  Hoxe fomos ao noso invernadoiro a plantar leitugas. Estamos desexando ver como crecen e por iso ímolas coidar moito Sorriso

                                       

                   

                         

MARACAS

   Xa temos listas as nosas maracas!!! Para facelas tivemos que botar un pouquiño de arroz nas botellas e pegarlles pegatinas de cores para que sexan moi bonitas. Quedaron preciosas!!!

  Agora xa podemos facer música con elas!!

  

SAÍMOS A PESCAR

   Hoxe convertémonos en pescadores de gomas!!! Coa nosa cana de pescar (unha palliña) tivemos que pescar gomas duns recipientes con auga e clasificalas por cores nos seus vasos. Despois contamos cantas gomas de cada cor tiña cada equipo da clase e buscamos os números maáis grandes.

   Pasámolo xenial!!

     

Distribuir contido