Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

EXPERIMENTO: CONSEGUIMOS NOVAS CORES

   Hoxe convertémonos en científicos para poder conseguir novas cores. Cada neno/a tiñamos dous vasos con auga e colorante alimentario, algúns vermello e amarelo, outros azul e vermello e outros azul e amarelo. Cunhas pipetas fomos pasando auga dun vaso a outro e conseguimos novas cores: o verde, o negro, o laranxa, o marrón...

         

           

                                          

ARQUEOLOXÍA MATEMÁTICA

  Hoxe os nenos e nenas convertéronse en arqueólogos para atopar os números ocultos baixo a area ou o sal. Atoparon moitos!!! Os maiores anotáronos e os máis pequenos puxeron un pompón no número que atopaban.

            

               

         

RECTAS NUMÉRICAS E SUMAS CON DADOS

   Esta semana estivemos construíndo as nosas rectas numéricas e táboas do 100: coloreando, cortando e pegando. Ademais as nenas e o neno de 5 anos realizaron sumas con dados. Qué ben o fixeron!!!

   

       

FESTA DE SAMAÍN E MAGOSTO

   E por fin chegou o día: o venres celebramos o Samaín e o Magosto!!! Viñemos disfrazados ao cole e nos convertemos en bruxas e bruxos, vampiros, cabazas, gatiñas, Carapuchiña vermella, zombie, esqueletos e diablesas. 

  Ademais merendamos castañas cocidas e como tiñamos moitas ganas de usar as castañas fixemos un pequeno colar con elas.

    

  

   Tamén recibimos a visita da mestra Laura que nos contou o conto "Corre, corre, cabaciña".

   Que ben o pasamos!!!!

SEMANA DE SAMAÍN E MAGOSTO

  Esta semana estivemos facendo diversas manualidades de Samaín e Magosto: arañas terroríficas; caretas de pantasmas, bruxas, monstruos, momias e cabazas; e cucuruchos para as nosas castañas.

                             

                        

                           

                

     

                

       

                            

     

 

  Ademais trouxemos cabazas decoradas de Samaín para expoñelas coas dos nosos compañeiros/as de Primaria. Somos uns artistas!!!

Distribuir contido