Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

ASEMBLEA E CALENDARIO DE ADVENTO

   Ola, aquí vos deixo un vídeo para os nenos e nenas, a asemblea interactiva que facemos na clase e un calendario de advento con diferentes actividades. Para iso clicades en cada imaxe e xa podedes ver a tarefa.

  No calendario, se clicades na imaxe inferior á dereita podedes ver o villancico que estamos a preparar na clase.

   Un bico enorme.

TALLERES DOS SENTIDOS

   Este venres realizamos o taller dos sentidos facendo diversas actividades para traballar o sentido da vista, do tacto, do gusto, do olfacto e do oído.

 No taller da vista tiñamos que observar diferentes láminas e buscar as diferenzas entre dúas imaxes ou identificar froitas e verduras nunha imaxe na que todo estaba un pouquiño mesturado.

   

 

   No taller do tacto tiñamos que meter a man nun calcetín de Nadal e sen mirar, só tocando o obxecto, adiviñábamos que obxecto era.

   No taller do gusto, observamos as imáxenes de diferentes alimentos e diciamos se o seu sabor era doce, amargo, salado ou agrio.

  

   No taller do olfacto, uliamos un disco de algodón impregnado dun olor e tiñamos que saber a qué ulía (mango).

   E por último, no taller do oído cada un tiñamos un bote con algo dentro que tiñamos que axitar para poder adiviñar polo seu son que era o que había dentro.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

   O 3 de decembro conmemoramos o Día das Persoas con Discapacidade. Primeiro visionamos a curtametraxe de Tamara, unha nena con discapacidade auditiva que soña con ser bailarina e que conta con todo o apoio e cariño da súa nai para facer realidade o seu soño.

   Despois puxémonos na pel de persoas con distintas discapacidades: auditiva, visual e motórica, para poder comprender un pouquiño máis o que sinten esas persoas e desta forma fomentar a empatía.

                 

DISCAPACIDADE AUDITIVA

               

DISCAPACIDADE VISUAL

DISCAPACIDADE MOTÓRICA

CORDAS

Esta curtametraxe permite coñecer a situación doutras persoas sen xulgar e comprender a importancia da inclusión social.

TALLERES DO PROXECTO "O CORPO HUMANO"

      Para rematar co proxecto do corpo humano esta semana estamos realizando diferentes talleres para repasar todo o que aprendemos sobre o noso corpo.

   E o venres finalizaremos cun taller dos sentidos.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

DEPORTE

PARTES DO CORPO

ESQUELETO

MÉDICOS

Distribuir contido