Hoxe 11 de febreiro celebramos o Día da muller e a nena na ciencia. Primeiro coñecemos a unha das científicas máis importantes, Marie Curie, e falamos un pouco sobre o tema desta celebración.
A continuación fixemos un taumatropo como experimento: tendo dous debuxos separados, un paxaro e unha xaula, podemos facer que un estea dentro do outro.
Hoxe cumplimos co último mandado do meco: poñer algo na cabeza, no pescozo e nos pés, e iso fixemos.
Hoxe cumplimos co segundo mandado, tendo en conta tamén o primeiro, por iso hoxe levamos algo na cabeza e no pescozo.
Hoxe cumprimos co primeiro mandado do meco: POÑER ALGO NA CABEZA.
Xa temos listo o noso recuncho da amizade. Para preparalo, cada un dos peques decorou unha letra e diseñou o nome para o seu buzón: un vaso de cartón (dourado ou vermello).
Agora xa podemos empregalo para deixar no buzón dalgún compañeiro/a un debuxo, darlle as grazas por axudarnos nalgún momento da xornada, pedirlle perdón se lle fixemos algo que lle molestou, dicirlle palabras bonitas...