Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

PSICOMOTRICIDADE

   Para traballlar a psicomotricidade fina e grosa hoxe realizamos varias actividades moi divertidas.

  A primeira delas foi que os nosos pitiños (pinzas coas imaxe dun pitiño) tiñan que coller tantos gusanos (limpapipas) como indicaba o dado. Desta forma ademais tamén traballamos o conteo, a clasificación por cores e máis que- menos que.

        

           

   Despois na clase de psicomotricidade, primeiro tivemos que levar un ovo nunha culler sin que caese.

   E a continuación xogamos con pelotas, cada un/unha coa súa para respectar as medidas de seguridade.

DESFRUTANDO DA NATUREZA

   O venres aproveitamos que facía bo tempo e desfrutamos da natureza que rodea o noso cole. Estivemos xogando no barco, recollendo flores, facendo "barbacoas" con follas e paus, plantando margaridas, explorando as árbores e respectándoas, fortalecendo as nosas relacións de amizade... Momentos especiais!!!!!

     

   

  

  

CONTO DAS FAMILIAS: MONSTRUO AZUL

   Hoxe vimos o vídeo onde a mamá de Malia nos contaba o conto de "Monstruo Azul", unha historia que nos fala do respecto, a convivencia e a empatía. Encantounos!!

   Despois cada un dos peques escolleu o seu monstruo favorito do conto e coloreouno.

      

    

                                    

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

   Hoxe celebramos o día de Rosalía con diversas actividades. Primeiro vimos o vídeo do poema de "Rosalía Pequeniña" e estivemos analizando o que dicía para poder facer un debuxo sobre el, que xunto cos dos restos do compañeiros/as do cole serán expostos.

   Despois coloreamos un debuxo de Rosalía para poder facer unha chapa que levamos para a casa. Quedaron xenial!!!

    

   

         

XOGO DA OCA

   O venres xogamos unha partida ao xogo da oca do Camiño de Santiago cos robots peregrinos. Que ben o pasamos!!! Despois recibimos ao nosa cuncha feita na impresosa 3D do cole.

Distribuir contido