Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

CONTO DAS FAMILIAS: CUANDO ESTOY CELOSO

   Esta semana vimos o vídeo onde a mamá de Francisco nos contaba o conto "Cuando estoy celoso", unha historia na que o protagonista nos conta situacións nas que sinte celos e que tamén axuda a superar eses sentimentos. 

   Despois falamos de se algunha vez sentimos celos e por qué e coloreamos a marioneta dun coello, personaxe do conto.

   Encántanos este momento da semana cando coñecemos un novo conto coa axuda das familias!!!Sorriso

   

DEBUXAMOS SOMBRAS

   Aproveitando o sol destes días, onte saímos ao patio a debuxar sombras. Cunha folla de papel, un lapis e un animal dos de xoguete que temos na clase e que cada neno/a escolleu ao seu gusto debuxamos as sombras para despois completalos con ollos, boca, etc e colorealos. Encantounos esta actividade ao aire libre!!!

 

ÁRBORE DE ROSALÍA

   Así quedou a árbore que temos na planta baixa do colexio cos nosos debuxos do Día de Rosalía de Castro.

DÍA MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS E DO COSUMIDOR

   O luns celebramos o Día Mundial das Matemáticas realizando diversas actividades: series con pinchos, conteo e grafía- cantidade co dominó e a nosa báscula de monito, sumas con quebracabezas e identificación de formas con Numicons. Somos uns grandes matemáticos!!!!

  

   Ademais tamén celebramos o Día do Consumidor vendo unha curtametraxe "Runaway", coa que aprendemos que cando algo se estropea non é necesario ir correndo a mercar outro, moitas veces podemos amañalo e aforrar cartos, sen esquecer que hai moitas cousas que podemos facer con materiais de refugallo.

CONTO DAS FAMILIAS: EL COCODRILO AL QUE NO LES GUSTABA EL AGUA

   Esta semana vimos o vídeo onde a mamá de Antón nos contaba o conto "El cocodrilo al que no le gustaba el agua", unha historia que non ensina que ser diferente non é malo e que todos poderiamos facer algo para que outra persoa non se sinta soa ou illada.

 Despois fixemos unha manualidade: un crocodilo cun pau depresor e limpiapipas.

   

Distribuir contido