Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

CONTACONTOS "AS FABAS MÁXICAS"

   Hoxe tivemos outro contacontos, esta vez en streaming grazas Afundación: "As fabas máxicas", onde puidemos coñecer a historia de Xan e como chegou a obter esas fabas que lle deron moitas ledicias.

CONTACONTOS EN LIGUA DE SIGNOS

   O martes viñeron María e Bea da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra a contarnos o conto de "Azul peregrino" en lingua de signos. Encantounos a experiencia porque ademais de coñecer a historia de Azul e os seus amigos, aprendemos como se di o nome dos animais do conto, as vogais e os nosos nomes en lingua de signos. 

   Ademais regaláronnos un debuxo de azul para que o coloreásemos, co abecedario por detrás.

NOVOS AMIGOS NA CLASE

   Hoxe grazas á profe Lidia chegaron á nosa clase uns novos amigos: gusanos de seda. Agora imos a darlles de comer follas da moreira que temos no cole e ver como van crecendo e cambiando. Estamos ilusionados/as!!!!

NORABOA SARA!!!

   O curso pasado todo o alumnado do centro participamos no "XX Certame de Poesía e imaxe: en galego, sen filtro" organizado polo Concello de Ferrol.

 Os nenos e nenas de Infantil realizamos un debuxo da poesía en lingua portuguesa de Luísa Ducla Soares e o debuxo da nosa compañeira Sara foi premiado.

 Noraboa Sara!!!!!

DÍA DO LIBRO

  O venres, para rematar a Semana do Libro, levamos para a casa o noso libro: As/os superpeques de A Laxe salvan o planeta", onde nos convertemos en superheroínas e superheroes para salvar o planeta dos leñadores, cazadores e da contaminación.

   

Distribuir contido