O venres todo o alumnado de infantil acudimos ao invernadoiro a plantar brécol. Estamos desexando ver como medra!! Estaremos moi atentos.
Hoxe comezamos un novo curso, e como non podía ser doutra forma houbo sorpresas: cartel de benvida, un duende saltarín, pompas, confeti...
Os nenos e nenas de 3 anos viñeron un ratiño dentro do período de adaptación a coñecer o cole, á súa mestra Mónica, aos seus compañeiros/as e a súa clase.
Os peques de 4 e 5 anos estaban nerviosos, emocionados e contentos por verse de novo. Ademais a nosa clase cambiou bastante con respecto ao curso anterior e foi unha sorpresa descubrila. Xa estivemos coñecendo os novos recunchos e materiais.
Estamos listos para vivir novas aventuras tod@s xunt@s!!!!
Onte celebramos a graduación dos nosos compañeiros/as Sara, Paula e Dylan que este ano rematan o ciclo de educación infantil e o vindeiro curso comezan unha nova etapa en Primaria. Foi un día moi emotivo e especial: houbo discursos, actuación dos peques que bailaron a canción "Amigos del corazón" de Patito Feo, visionado do vídeo lembrando o paso dos nosos compañeiros/as durante estes tres anos en infantil, e entrega de diploma e orla.
Despois tivemos a sorte de disfrutar dun concerto de Irene Caruncho.
Parabéns Sara, Paula e Dylan!!! Querémosvos moito!!!