Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

VISITA DA MAMÁ DE ANTÓN

   Onte recibimos a visita da mamá de Antón que nos narrou o conto "Las jirafas no pueden bailar" onde Chufa nos ensina a importancia de non renunciar aos soños aínda que atopemos obstáculos. Aquí vos deixamos un vídeo Sorriso

AS AVENTURAS DESTA SEMANA EN TERRA ENCANTADA

   Esta semana en Terra Encantada seguimos completando o álbume de cromos de transporte, xa nos faltan poucos para telos todos!!!; traballamos a lóxica matemática aparcando os camións na súa plaza segundo o número de puntos que tiñan; decoramos as velas do noso barco con grafismos creativos; xogamos con xogos de mesa traballando o conteo (quebracabezas de números), a expresión oral (Quién es quién), a atención  (quebracabezas de robots) e a orientación espacial (xogo de Brancaneves e os Tres Cerdiños).

   Ademais o mércores acudimos cos nosos compañeiros/as de Primaria ao Montes de Brión a plantar árbores (pexegueiross, salgueiros, etc), traballamos as emocións representándoas con xestos e os demais tiñamos que adiviñar cales eran, e o venres celebramos o Día da Infacia que ten lugar o 20 de novembro, pintando unha mandalas que quedaron fermosas.

                   

VISITA DO PAPÁ DE MALIA

   Onte recibimos a visita do papá de Malia que nos veu contar moitas cousas interesantes sobre o surf. Vimos a roupa que precisamos para poder practicar este deporte e puidemos probar unha táboa para saber como nos temos que colocar nela. Ademais firmámola cos nosos nomes (os peques de 3 anos fixeron uns debuxos preciosos) e vai estar na Escola de Surf que ten o papá de Malia. Sorriso

 Aquí vos deixamos un vídeo como resumo.

QUE SUCEDEU EN TERRA ENCANTADA ESTA SEMANA?

   Esta semana en Terra Encantada xogamos ao xogo de UNO tanto por equipos como todos xuntos, estivemos na nosa mesa sensorial manipulando os barcos na auga, pintamos os nosos barcos feitos con oveiras que aportaron as familias (GRAZAS!!), estreamos o noso semáforo do azucre, onde cada día veremos canto teñen as nosas merendas desta sustancia, e tamén escoitamos as historias de ratóns que aparecen nun libro que nos deixou o Mago das Palabras na clase.

VISITA DA MAMÁ DE AINARA

   Onte tivemos a visita da mamá de Ainara que nos contou unha historia fermosa sobre a amizade entre unha nena e un poni. Ademais deunos un pequeno agasallo. Despois debuxamos cabalos, quedaron preciosos!!! 

   Aquí vos deixamos un vídeo resumo. Guiño

Distribuir contido