Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

CELEBRAMOS O ENTROIDO

   Esta semana celebramos o Entroido. Comezamos cumplindo cada un dos mandados da Meca e cada día fomos ao colexio dunha cor: o luns de amarelo, o martes de verde, o mércores de vermello e o xoves de azul. 

  Ademais elaboramos unhas gafas moi chulas como complemento. Guiño

  O venres chegou o día da gran celebración. Primeiro tivemos un taller de máscaras grazas a ANPA, quedaron xenial!!!

  Este ano a temática eran os estilos musicais e a nós tocounos o country. Por iso disfrazámonos de vaqueiros/as converténdonos na LAXE BAND. E así desfilamos cos nosos compañeiros/as de primaria e logo realizamos a nosa actuación, bailando Cotton Eye Joe de Rednex.

NOVA PROFESIÓN

    Esta semana coñecimos a profesión deportista e coa profe Lidia estivemos practicando diversos deportes como tenis, béisbol, hockey e atletismo. Ademais desde este semana contamos con Beth, a auxiliar de conversa, que nos acompañará todos os mércores na sesión de inglés.

  O mércores 23 celebramos o día de Rosalía de Castro, representando en linguaxe de signos o poema do Moucho.

  E tamén fomos a aula Steam para xogar co lego, coas pezas soltas desenvolvendo a nosa creatividade e cos xogos de mesa.

NOVA SEMANA EN TERRA ENCANTADA

   O luns celebramos o día do amor e fixemos un corazón con la que convertemos nun imán para o frigorífico. Ademais decoramos un calecín segundo o modelo para poder ter o par.

  Tamén fixemos series de forma libre no recuncho da lóxica- matemática e realizamos quebracbezas en equipo.

  Esta semana tocounos coñecer a profesión de doutor/a, así que puidemos converternos en todos uns médicos/as para curar aos nosos bebés.

VISITA DA TÍA DE ALEX

   Onte veu a visitarnos a tía de Alex e deunos unha clase de ioga. Fixemos un pouco de quentamento inicial, despois varias actividades e por último unha relaxación. Encantounos coñecer un pouco máis sobre esta disciplina e poder practicala. 

   Vos deixamos un vídeo resumo.

   

QUE FIXEMOS ESTA SEMANA EN TERRA ENCANTADA?

   Esta semana coñecimos a profesión de paleontólogo, por iso analizamos un dos dinosaurios que temos na clase: o Tiranoasurio Rex. Ademais tamén fixemos sumas e restas con dados, preparamos o Moucho para gravar o vídeo de Rosalía a vindeira semana, continuamos co noso abecedario e comezamos a preparar unha cousiña para o día 14 de febreiro.

   Tamén estivemos polos diferentes recunchos da clase traballando ca recta numérica, ca táboa do 100 ou formando palabras cas letra de cores na mesa de luz.

Distribuir contido