Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

NOVAS AVENTURAS

    Esta semana coñecimos a profesión de pintor/a e despois de falar dos materiais que emprega pintamos o noso propio cuadro. Somos uns artistas!!!

  Ademais fixemos unha búsqueda de tesouros da natureza polo entorno do colexio ao mesmo tempo que traballamos a lóxica- matemática.

  Tamén traballamos inglés con Beth e recibimos a visita das mascotas de Urbaser que nos falaron dos residuos que recicla cada un. No recuncho da artística pintamos con acuarelas e traballamos a lóxica matemática coa recta numérica e o dado xigante, ademais de cazar moscas, contándoas clasificándoas e comprobando quen tiña máis de cada cor. Sen esquecernos da lectoescritura, atopando a primeira sílaba de cada palabra para poder formar unha nova.

  Esta semana tocounos regar as leitugas do invernadoiro e practicamos esquemas rítmicos empregando os bloques lóxicos.

   Máis novas para a vindieira semana.

EXPERIMENTO DE PRIMAVERA

   Onte realizamos outro experiemento, esta vez relacionado coa primavera, para o cal empregamos limóns, colorante e bicarbonato de sodio. Pasámolo xenial!!! 

SEMANA DE DIVERSAS ACTIVIDADES

  Esta semana convertémonos en mestres e mestras desenvolvendo tanto ese papel como o de alumnos/as. Tamén traballamos o esquema corporal cunha sesión de maquillaxe completando a cara da persoa, maquillándoa e poñéndolle un nome.

 Ademais fixemos quebracabezas para traballar a atención, continuamos co noso calendario repasando os números e a súa grafía, no recuncho da lecto escritura traballamos os nomes das profesións buscando as letras nun teclado, construindo o nome e logo escriibíndoo, repasamos a serie numérica unindo os números para formar unha figura e fomos plantar leitugas ao noso invernadoiro.

  

OS POLICÍAS DE TERRA ENCANTADA

   Ola familias!! 

  Esta semana convertémonos en policías e tivemos que descrifrar un código secreto para adiviñar unha palabra, adeamis de estampar a nosa huella dactilar, xa estamos fichados!!

  Tamén elaboramos un comecocos para afianzar o traballado na clase de forma lúdica, exercitando ao mesmo tempo a nosa motricidade fina.

  Ademais elaboramos a portada dos nosos traballos e traballamos a lectoescritura na mesa de luz coas culleres de cores.

  Na clase de inglés xogamos a un xogo de memoria ao mesmo tempo que repasamos as cores e tamén ao Zingo, un xogo de mesa que nos permite ir aprendendo novo vocabulario. 

   Ata a próxima semana.Sorriso

SEMANA DA PRENSA E DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

   Esta semana en Terra Encantada celebramos o día Internacional da Muller falando da muller da nosa vida e facéndolle un debuxo que expuxemos na nosa porta da lase coas obras dos nosos compañeiros/as de 3 anos.

  Ademais recibimos a visita de Gema que está estudando Enxeñería Aeroespacial e nos falou do seu traballo. Para rematar con esta celebración fixemos un percorrido polo cole escapando dos polvos Holi. Sorriso

   Tamén celebramos a semana da prensa e nos convertemos en periodistas, fancendo unha noticia para o xornal de infantil.

   Ademais nos convertemos en condutores e coñecimos e clasificamos diferentes sinais de tráfico.

   Outro día xogamos ao trivial das habilidades sociais para identificar accións correctas e as que non o son tanto, sen esquecer traballar a lóxica- matemática de forma manipulativa.

   Agora unha fin de semana de descanso e voltamos o luns con moitas forzas.

Distribuir contido