Iniciar sesión: Acceso

PASIÑO A PASIÑO

Ola familias!!

Esta semana seguimos avanzando no proxecto do corpo humano e xa comezamos coa decoración de Samaín, ademais doutras propostas. Estades preparados para velas? Guiño

Na asemblea temos outra das rutinas que é identificar números nas casiñas. Ímolas presentando pouco a pouco e repasando as anteriores.

Esta semana identificamos as partes do corpo por fóra. Para iso traballamos o vocabulario previamente en galego e logo identificamos os carteis onde poñían os diferentes nomes e os colocamos nas partes correspondentes. Aquí traballamos lectoescritura, motricidade fina e concentración. Como sempre cada un/unha ao seu ritmo.

Tamén nos adentramos no mundo das minúsculas relacionando cada unha delas coa súa maiúscula. Algunha xa nos sonan, pero outra puidemos buscalas nun cartel para poder unilas todas.

E traballamos a coordinación óculo- manual, o equilibrio e o traballo en equipo construíndo pontes netre vasos con paus depresores para que os osiños puideran cruzar.

Tamén nos convertimos en artistas creando as nosas esculturas de outono usando arcilla e elementos naturais como follas, castañas, paus e piñas. Canto traballo de mans e creatividade!! Quedaron fermosas!!! 

E como podemos seguir traballando as mans e a coordinación óculo- manual? Pois colocando castañas en oveiras empregando as pinzas.

Ademais construimos un tren colocando os seus vagóns formando a recta numérica ata o 30; e que mellor maneira de facelo que traballando en equipo.

Esta semana tamén fomos en grupos mixtos aoa ambientes das tres clases. Nesta ocasión puidemos ir a outras propostas que os días anteriores non nos foi posible posto que unha das normas e respectar o turno e se hai outro compañeiro/ nunha actividade individual temos que esperar a que quede libre.

Tamén seguimos avanzando no proxecto de Perú. Primeiro repasamos o que coñecimos o día anterior e despois puidemos descubrir a súa moeda. Sabedes que se chama sol? Ademais identificamos os elementos máis importantes da súa flora: a árbore da Quina, a orquídea, o unlla de gato, a selva peruana e a cantuta, a súa flor nacional. 

Ao mesmo tempo que aprendemos todo isto imos preparando materiais para a exposición que faremos a finais de curso para o resto dos compañeiros/a do cole.  Nesta ocasión lle puxemos o nome a cada elemento da flora.

Nos momentos de xogo libre nos gusta facer quebracabezas.

Esta semana o conto foi "Sopa verde", no que a un coello só lle gustaban o alimentos desta cor. Despois da lectura falamos da historia e fixemos un debuxo da mesma. Algúns debuxamos só ao coello e outros máis animais da historia.

É importante saber clasificar e se ademais traballamos a motricidade fina e a coordinación óculo-manual moito mellor. Para iso clasificamos pompóns segundo a súa cor.

E seguimos coa conciencia fonolóxica, nesta ocasión cos fonemas D, P, M e F, rodeando os debuxos co nome que comezan por eses fonemas.

Sumas e outono é posible. Así tivemos que facer unhas sumas, empregando material manipulativo quen o precisase, para poder completar as bellotas. 

E xa comezamos coa decoración de Samaín, algo que nos fixo moita ilusión. Colocamos carteis, adornos nas fiestras, na asemblea e ata descubrimos elementos decorativos dun photocall e xogamos con eles.

Como proposta de arte tivemos que decorar o tronco dunha árbore con diferentes grafismos e logo, coas cores do outono, repasar o contorno da árbore seguindo ao mesmo tempo unha serie. Canta concentración, precisión e paciencia. 

E rematamos a semana compartindo cos compis de 3 e 4 anos unha sesión de cine. Nesta ocasión vimos o Grúfalo en galego, que por certo nos encantou.

Ah por certo, tamén levamos a cabo o préstamos de libros da biblioteca, fomentando sempre a autonomía. 

Ata a semana!!!