Iniciar sesión: Acceso

NOVO MES E NOVAS AVENTURAS!!

Ola familias!!!

Esta semana démoslle a benvida a outubro e ademais comezamos cos ambientes, grazas aos cales podemos estar en grupo cos compis de 3 e 4 anos e visitar as aulas da profe Inés e da profe Noe, nas que disfrutamos doutras propostas que elas vos amosarán.

Outra das novidades é que comezamos a facer restas e a profe está moi orgullosa de nós. Como sempre, quen o necesita pode usar material manipulativo.

Ao comezaor mes novoa, tamén lle dixemos adeus a setembro e por iso fixemos o rexistro do tempo. A encargada contou cantas arandelas había en cada tempo atmosférico e nós puxemos tantos gomets como ela dicía, ademais de apuntar o número. Para rematar escribimos o nome dos mes. Esta actividade a facemos en grande grupo para acostumarnos a facer actividades neste tipo de agrupamento e traballamos o conteo, a asociación de grafía- cantidade, a grafía dos números e a respectar o turno, pois compartimos gomets cada dous e tivemos que esperar a que o compañeiro/a rematase de usalos para poder facelo nós.

Ademais comezamos co proxecto do corpo humano, concretamente coas partes da cara. Primeiro traballamos o vocabulario da mesma cunhas tarxetas que nos amosou a profe e logo escribimos o nome de cada unha das partes, en galego, para avanzar no coñecemento da outra lingua oficial da nosa comunidade. Así fomentamos a lectoescritura, e como sempre adaptado ao nivel de cada un/unha.

Tamén traballamos a conciencia fonolóxica identificando imaxes que comezaban pola letra que aparecía na tarxeta, esta vez eran consoantes.

Outra das propostas estivo relacionada coa lóxica- matemática. Tiñamos unha morea de osiños no centro da tuff e varias casiñas con diferentes números nas portas. Nós tivemos que levar a cantidade de osiños exacta a cada casa. Desta forma afianzamos a asociación de grafía - cantidade.

Tamén tivemos que completar a táboa do 100 traballando en equipo.

A semana pasada limos co conto de "El ladrón de hojas" e esta semana tivemos que ordear cronolóxicamente unha imaxes do conto, traballando así a memoria, para ver do que nos acordábamos da historia, e tamén a secuencia cronolóxica.

Grazas a vós, familias, temos xa moito material no recuncho do proxecto e xa estivemos manipulándoo.

E chegou o día dos ambientes. Lévamolos a cabo os martes, mércores e xoves, estando cada un dos días nunha clase diferente na que poderemos desfrutar de propostas moi interesantes para traballar en equipo, afianzar contidos, seguir avanzando na motricidade fina...

Na nosa clase as propostas son as seguintes:

- Formar as letras ou números con pezas de diferentes cores e lonxitudes.

- Realización de series con elementos do outono seguindo uns patrón dados, pero adiviñando que elementos segue despois.

- Mesa sensorial con garavanzos de cores do outono e piñas, traballando os trasvases e a coordinación óculo- manual, pero tamén o desfrute do tempo cos compañeiros/as.

- A pizzería: neste recuncho podemos deixarnos levar e ser pizzeros/as e preparar pizzas de diferentes tamaños, con diferentes ingredientes e por suposto cobralas, jeje. Nesta proposta non só damos renda solta ao xogo simbólico, senón que tamén traballamos a lóxica matemática, pois temos tarxetas con pizzas e uns ingredientes concretos (4 champiñóns, 8 aceitunas,, 3 rodaxas de tomate...). E por suposto tamén as metemos no forno. Guiño

- Minimundo: pobo de outono no que temos árbores, castañas, canciños, nims e no desenvolvemos a nosa creatividade e imaxinación.

- Proposta de arte: decorar debuxos de elementos do outono con cores desta estación e traballando o puntillismo (dámoslle cor con puntiños de cores). Ademais aquí está moi presente a concentración.

- Proposta científica: podemos conseguir cores do outono (laranxa e marrón) mesturando cores como o amarelo, vermello e verde? Pois iso é o que tiñamos que facer nesta proposta: mesturar auga destas cores usando as pipetas e botándoa en discos desmaquillantes. Temos que dicir que conseguimos o marrón, pero na auga que caeu na tuff. Canto traballo de coordinación óculo- manual e atención!!

- Reto: formar a figura da imaxe cos tubos. Como vedes tamén algún compi o conseguiu. Sorriso

- Vida práctica: moer café de forma manual. Esta actividade foi a que máis éxito tivo, estando moitos dos nosos compañeiros/as nela bastante tempo. É unha actividade individual, posto que se xa hai alguén nela os demais temos que esperar, respectando o turno e traballando o tempo en espera. Pero tamén podemos axudar ao compañeiro/a posto que hai que facer bastante forza para moer o café e necesitamos empregar as dúas mans, así un compi nos suxeita o molinillo e nós xiramos a manivela. Ademais tamén traballamos os trasvases ao botar o café no molinillo e logo no tarro.

Ás veces, o café cae ao chan e dentro da vida práctica tamén está varrer e recoller o lixo.

O mércores a profe Laura leunos o conto "A cousa que máis doe do mundo" e falamos das verdades e mentiras, o valor deste mes de outubro. Despois deunos diferentes imaxes e nós tiñamos que clasificalas en verdades e mentiras, como por exemplo unha mazá azul ou unha árbore verde.

Aproveitando que o venres non choveu fomos a recoller castañas, follas e paus pequeniños para unha actividade que imos facer a semana que ven.

E como esta semana nos centramos na cara, fixemos un autorretrato mirándonos nun espello. Despois démoslle cor con acuarelas e tamén pintamos o marco como quixemos, traballando a toma de decisións e a representación da nosa cara.

As simetrías son importantes e por iso completamos unha folla e unha cabaza, démoslle cor e escribimos o seu nome en galego.

Vos gustan os sudokus? Nós non sabiamos o que eran, pero cando a profe nolos explicou e comezamos a facer un coas cores do outono pronto comprendemos a dinámica. A concentración, a atención e o razoamento son moi importantes para poder realizalo.

E como sabedes esta semana comezamos co préstamo de libros da biblioteca. Este curso hai unha novidade: somos nós mesmos os que facemos o rexistro. Temos un libro onde en cada páxina aparece o nome dun/dunha de nós e as imaxes dos contos que fomos coller á biblioteca. O que facemos é escoller un libro, buscar a súa imaxe e rodeala, para saber que ese xa o levamos e outro día non podemos repetir. Canta autonomía!!!

Boa fin de semana familias!!!