Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

VISITA DA MAMÁ DE RITA

   Onte recibimos a visita da mamá de Rita que veu a facer unha receita con nós. Para iso nos convertemos en verdadeiros/as cociñeiros/as e estreamos o noso gorro. Pasámolo xenial preparando e decorando o noso cupcake. Despois, na merenda, algúns decidimos probalo e outros preferiron levalo para a casa.

  Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

NOVA PROFESIÓN E OUTRAS SORPRESAS

   Esta semana coñecimos unha nova profesión: a de bombeiro/a. Falamos un pouco de cal é o seu traballo e fomos a ver as ferramentas que emprega e que temos no colexio: o extintor, a mangueira... Ademais convertémonos en verdadeiros bombeiros/as apagando o lume que había nunha parede do cole, pero ao mesmo tempo traballamos a lóxica- matemática: tiramos o dado, recoñecemos cantos punto hai, buscamos ese número e coa axuda dun pulverizador apagamos o lume.

   Tamén traballamos a lóxica - matemática cos policubos, poñendo tantos como dicía o compañeiro/a ou formando torres máis alttas e baixas que a primeira.

   Ademais xogamos co xeoplano formando letras ou figuras moi chulas, ao tempo que traballamos a motricidade fina.

   Esta semana tamén elaboramos outra folla do noso calendario e comezamos a preparar unha obra artística que continuaremos nos próximos días.

   Algúns compañeiros/as decidiron xogar á diana mentres que dun en un comezamos a elaoprar algo relacionado co abecedario, que será?

   Fixemos unha actividade dentro do programa de Educación Responsable na que falamos das cousas boas e positivas que temos cada un/unha de nós e recibimos a visita da mamá de Andrea e Sara que nos veu ensinar como se di en lingua de signos un poema de Rosalía, posto que xa estamos preparando a homenaxe que lle faremos en Febreiro. 

   E o venres estivemos cos nosos compañeiros/as de 3 anos preparando algo moi chulo, a próxima semana o saberedes. Guiño

 

SEMANA CHEA DE AVENTURAS

   Esta semana estivo chea de sorpresas. O luns nada máis chegar vimos o recuncho do veterinario/a, a profesión que coñecimos esta semana e coa que nos convertemos en veterinarios/as para curar os animais da clínica. Ademais elaboramos o noso propio maletín e nos levamos o venres o carnet que nos acredita como tal.

  Tamén fixemos outra folla do noso calendario do 2022.

  Dentro da lóxica- matemática os nenos e nenas de 5 anos introducímonos no mundo da resta de forma manipulativa e os peques de 4 anos traballamos co método ABN a grafía- cantidade e a creación de conxuntos.

  Ademais traballamos a atención e aprendemos lectoescritura cos xogos de mesa.

  Levamos a cabo actividades de robótica tanto co noso amigo DOC que xa leva con nós dous anos e tamén coñecemos a QOBO, un simpático caracol ao que axudamos a completar as misións.

  Na mesa de experimentación xogamos con neve, pasámolo en grande.

  O venres visitamos a clase de 1º e 2º porque os nosos compañeiros/as nos explicaron todo o que aprenderon sobre o corpo humano. GRAZAS!

   E por último esta semana recibimos a visita de Vanesa, grazas a Afundación, que nos trouxo unha actividade moi chula: coa axuda dun ordenador, un pouco de plastilina e unhas pinzas fixemos que os nosos instumentos do papel soaran. Vos deixamos uns vídeos para que vexades que artistas somos.

   

                            

NOVAS EN TERRA ENCANTADA!!

   Xa estamos de volta en Terra Encantada. Cando chegamos á aula descubrimos un agasallo que nos deixou o elfo antes de voltar ao Polo Norte; eran uns xogos para todos: un maletín de veterinario/a, un xogo de operación canina e outro xogo de mesa. Fíxonos moita ilusión.

 Esta semana realizamos diversas actividades: un debuxo das nosas vacacións de Nadal, comezamos a elaborar o noso calendario do 2022 e decoramos os números que forman ese ano con grafismos creativos, traballamos a conciencia fonolóxica identificando por qué letra comezan uns debuxos e buscándoa na caixa, xogamos cos quebracabezas de lectoescritura para traballar as letras e formando palabras, xogamos coas construccións creando cousas marabillosas, traballamos a lóxica mantemática cos xogos de conteo, sumas e regletas, ademais de colocar os números na táboa do 100, estreamos os xogos que nos deixou o elfo e fixemos música cos boomwhackers, uns tubos de diferentes cores que representan as notas musicais.

  Vimos cheos de enerxía para este segundo trimestre, estade moi atentos!!

                           

                            

NADAL EN TERRA ENCANTADA

   Os días antes das vacacións de Nadal estivemos facendo moitas actividades na clase: elaboramos as postais, coloreamos adornos para poñer na nosa árbore de Nadal coa que decoramos a porta, fixemos con masa que seca ao aire uns adornos para as árbores da casa e as pintamos, ao igual que fixemos cunhas piñas, decoramos os nosos calcetíns que despois puxemos na cheminea do cole co resto de calcetíns dos nosos compañeiros/as de Primaria, elaboramos unha receita con fresa e plátano formando un bastonciño de Nadal que logos nos comemos, xogamos nos diferentes recunchos, saudamos ao Papá Noel da entrada do cole, despois de escoitar o conto do Apalpador recibimos a súa visita e nos trouxo un agasallo, vimos os trucos de maxia da maga Fany, xogamos a diversos xogos na pista do cole e tamén ao bingo, recibimos a visita de Papá Noel que nos trouxo un pequeno agasallo, merendamos chocolate con churros e ata tivemos tempo a facer un pequeno concerto cunha canción de Nadal nas tres linguas: galego, castelán e inglés.

   Que ben o pasamos!!! Agora temos que recargar as pilas para voltar en Xaneiro con moitas forzas.

  FELICES FESTAS!!!

                             

                         

   

Distribuir contido