Iniciar sesión: Acceso

SEMANA CHEA DE AVENTURAS

   Esta semana estivo chea de sorpresas. O luns nada máis chegar vimos o recuncho do veterinario/a, a profesión que coñecimos esta semana e coa que nos convertemos en veterinarios/as para curar os animais da clínica. Ademais elaboramos o noso propio maletín e nos levamos o venres o carnet que nos acredita como tal.

  Tamén fixemos outra folla do noso calendario do 2022.

  Dentro da lóxica- matemática os nenos e nenas de 5 anos introducímonos no mundo da resta de forma manipulativa e os peques de 4 anos traballamos co método ABN a grafía- cantidade e a creación de conxuntos.

  Ademais traballamos a atención e aprendemos lectoescritura cos xogos de mesa.

  Levamos a cabo actividades de robótica tanto co noso amigo DOC que xa leva con nós dous anos e tamén coñecemos a QOBO, un simpático caracol ao que axudamos a completar as misións.

  Na mesa de experimentación xogamos con neve, pasámolo en grande.

  O venres visitamos a clase de 1º e 2º porque os nosos compañeiros/as nos explicaron todo o que aprenderon sobre o corpo humano. GRAZAS!

   E por último esta semana recibimos a visita de Vanesa, grazas a Afundación, que nos trouxo unha actividade moi chula: coa axuda dun ordenador, un pouco de plastilina e unhas pinzas fixemos que os nosos instumentos do papel soaran. Vos deixamos uns vídeos para que vexades que artistas somos.