Iniciar sesión: Acceso

NOVAS APRENDIZAXES!!

Ola familias!!! Outra semana de aprendizaxe superada.

Como vos ensinamos a semana anterior, gústanos moito traballar a lóxica - matemática na pantalla dixital. Cada día despois de terminar coa nosa rutina de asemblea facemos diferentes exercicios para traballar os números e outros conceptos como moitos - poucos, algún - ningún... É moi divertido!

Ademais, tamén fixemos diferentes actividades para traballar os mesmos contidos matemáticos. Algúns de nós traballamos o cálculo coa mesa de luz, poñéndolle á nosa árbore tantas follas como nos marcaba o dado que lanzabamos ao aire. Tamén usamos as pezas soltas para traballar o cálculo do 1 ao 5, mentres que outros repasamos algúns dos conceptos traballados anteriormente (moitos - poucos).

Unha das actividades máis divertidas desta semana foi cando fixemos un autorretrato con este quebracabezas, repasando así as diferentes partes da cara que xa coñeciamos: orellas, ollos, cellas, pestanas, boca, dentes...

Na clase de arte deixamos voar a nosa creatividade e formamos as nosas esculturas de outono, utilizando diferentes materiais de outono, entre os que estaban as castañas que saímos a recoller a semana anterior. Quedáronnos xenial!!

Non paramos cos números!! Estivemos a traballar o número 3, esta vez con castañas que nos sobraron das nosas esculturas. Ao terminar, repasamos na pantalla o número 1 e 2 que xa traballamos anteriormente e tamén o novo número 3.

Continuamos co noso proxecto sobre o corpo humano traballando as partes do corpo: cabeza, tronco, brazos, mans, pernas e pés. Unha das actividades que fixemos foi picar os nomes das partes do corpo traballadas para facer unha actividade a semana que vén... que será??

Para rematar con esta semana chea de aprendizaxe tivemos unha sesión de cine cos compis da clase da profe Noe e da profe Rocío. Vimos O Grúfalo e gustounos moito!!