Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

EDUCACIÓN RESPONSABLE: INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

   

   Este curso estamos a levar a cabo o programa de Educación Responsable en todo o centro. No caso de Educación Infantil estamos a desenvolver diversas actividades relacionadas coa lectura e as emocións. Por iso aquí vos deixamos un documento con información sobre o programa, como se leva a cabo e consellos para fomentar a lectura.

Ver documento adxunto

ACTIVIDADES EN TERRA ENCANTADA

   Esta semana os nenos e nenas de 4 e 5 anos realizamos diversas actividades: seguimos co noso álbume de cromos dos transportes, buscamos letras coa lupa na sopa de letras e números e realizamos a súa grafía, xogamos ao lince, debuxamos e formamos palabras na nosa pizarra xigante, debullamos maínzo, anotamos o rexitro meteoreolóxico do mes de outubro, démoslle a primeira man de pintura aos nosos autobuses feitos con bricks de leite, recibimos unha carta do Mago das palabras dentro do programa de Educación Responsable e xogamos ao novo xogo da clase "Le Loto des sons" para traballar a discriminación auditiva.

   Coma sempre vos deixamos unhas fotos!!!Sorriso

      

    

   

  

    

NOVAS EN TERRA ENCANTADA

   Esta semana na clase de Terra Encantada os peques estivemos preparando Samaín. Para iso preparamos un apócema máxica no taller das meigas, xogamos con "sangue", cazamos arañas na mesa de experimentación, elaboramos e xogamos co tirachinas fantasmagórico, pintamos cabazas con mazás, traballamos a lectoescritura con vocabulario do Samaín e a direccionalidade seguindo as frechas, creamos con plastilina elementos de medo como esqueletos e casas do terror, coloreamos os monstruos e escribimos os nosos medos, realizamos unha saída ao Auditorio de Ferrol para ver a actuación de Música Miúda dentro do Correlingua e o venres viñemos disfrazados e realizamos diversos obradoiros no cole: pintar camisetas, elaborar receitas terroríficas, collares de zonchos, vimos relatos de medo dos nos compañeiros/as do cole, tiramos os monstruos cos nosos medos ao pozo dos medos e vimos as actuacións dos nosos compañeiros/as de primaria. Aquí vos deixamos unhas fotos!!

      

    

   

                    

     

   

NOVO EXPERIMENTO

   Onte levamos a cabo outro experimento na aula Steam no que coñecemos a auga nos seus diferentes estados e puidemos derretir xeo empregando sal e auga para liberar os animais que contiñan os diferentes bloques de xeo. Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

ACTIVIDADES EN TERRA ENCANTADA

   Esta semana en Terra Encantada levamos a cabo diversas actividades: seguimos completando o noso álbume de cromos dos transportes, rematamos a nosa obra de grafismo creativo, traballamos a través do método ABN a descomposición de números empregando elementos do outono como as castañas, xogamos no recuncho da casiña e construimos con bloques de forma libre, sen esquecer a Carreira ENKI. Foi unha semana moi divertida!!!!

      

     

                       

              

            

        

Distribuir contido