Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

FELIZ VERÁN!!!

POMPAS

   Onte recibimos a visita de Willy Pomper que nos fixo unha demostración de pompas xigantes e unha obradoiro para poder facelas nós. Pasámolo xenial facéndoas e intentando explotalas.

ESCAPE ROOM DOS PIRATAS

   Este venres tivemos que axudar á pirata Cata a recuperar o seu cofre do tesouro e para iso tivemos que resolver unhas probas. Conseguimos atopar o cofre e como agasallo recibimos unha medalla.

PINTAMOS EN PAPEL FILM

   O luns na clase de artística pintamos sobre papel film. Que divertido foi crear novas cores mesturando outras e crear debuxos increíbles como campás, soles...

SAÍDA A CORAX FAUNA

   Onte fomos de excursión a Corax Fauna, un centro educativo de fauna salvaxe na natureza en Paderne onde puidemos ver e saber máis sobre animais tan espectaculares como o león, o tigre branco, os suricatos, hienas, monos, loros, lobos, xabaríns, serpes, raposos, mapaches e moitos máis. Encantounos a visita e pasámolo xenial!!!

 Aquí vos deixamos un vídeo que o resume. Sorriso

Distribuir contido