Onte realizamos outro experiemento, esta vez relacionado coa primavera, para o cal empregamos limóns, colorante e bicarbonato de sodio. Pasámolo xenial!!!
Esta semana convertémonos en mestres e mestras desenvolvendo tanto ese papel como o de alumnos/as. Tamén traballamos o esquema corporal cunha sesión de maquillaxe completando a cara da persoa, maquillándoa e poñéndolle un nome.
Ademais fixemos quebracabezas para traballar a atención, continuamos co noso calendario repasando os números e a súa grafía, no recuncho da lecto escritura traballamos os nomes das profesións buscando as letras nun teclado, construindo o nome e logo escriibíndoo, repasamos a serie numérica unindo os números para formar unha figura e fomos plantar leitugas ao noso invernadoiro.
Ola familias!!
Esta semana convertémonos en policías e tivemos que descrifrar un código secreto para adiviñar unha palabra, adeamis de estampar a nosa huella dactilar, xa estamos fichados!!
Tamén elaboramos un comecocos para afianzar o traballado na clase de forma lúdica, exercitando ao mesmo tempo a nosa motricidade fina.
Ademais elaboramos a portada dos nosos traballos e traballamos a lectoescritura na mesa de luz coas culleres de cores.
Na clase de inglés xogamos a un xogo de memoria ao mesmo tempo que repasamos as cores e tamén ao Zingo, un xogo de mesa que nos permite ir aprendendo novo vocabulario.
Ata a próxima semana.
Esta semana en Terra Encantada celebramos o día Internacional da Muller falando da muller da nosa vida e facéndolle un debuxo que expuxemos na nosa porta da lase coas obras dos nosos compañeiros/as de 3 anos.
Ademais recibimos a visita de Gema que está estudando Enxeñería Aeroespacial e nos falou do seu traballo. Para rematar con esta celebración fixemos un percorrido polo cole escapando dos polvos Holi.
Tamén celebramos a semana da prensa e nos convertemos en periodistas, fancendo unha noticia para o xornal de infantil.
Ademais nos convertemos en condutores e coñecimos e clasificamos diferentes sinais de tráfico.
Outro día xogamos ao trivial das habilidades sociais para identificar accións correctas e as que non o son tanto, sen esquecer traballar a lóxica- matemática de forma manipulativa.
Agora unha fin de semana de descanso e voltamos o luns con moitas forzas.
Onte tivemos a visita da mamá de Luis que nos converteu en paleontólogos/as. Contounos en qué consiste o seu traballo e despois deunos unha sorpresa: tiñamos que escavar para atopar ósos de dinosaurio e por suposto que os atopamos: da cadeira, da mandíbula, das patas... Despois como bos paleontólogos/as documentamos o atopado no noso caderno, debuxando todo o que descubrimos.
Como en cada mesa atopamos ósos duros e brandos, recopilamos os duros e a mamá de Luis reconstrui un esqueleto de dinosauiro.
Pasámolo xenial!!!
Aquí vos deixamos un vídeo resumo.