O martes viñeron María e Bea da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra a contarnos o conto de "Azul peregrino" en lingua de signos. Encantounos a experiencia porque ademais de coñecer a historia de Azul e os seus amigos, aprendemos como se di o nome dos animais do conto, as vogais e os nosos nomes en lingua de signos.
Ademais regaláronnos un debuxo de azul para que o coloreásemos, co abecedario por detrás.