Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

CONTO DAS FAMILIAS: ESTOY ENFADADO

   Esta semana vimos o vídeo onde a mamá de Laura nos contou o conto "Estoy enfadado" onde o protagonista, un coello, nos conta por qué se enfada e cómo se sinte nesas ocasións.

  Despois  falamos das situacións que nos enoxan (ter que recoller os xoguetes, que non nos deixen ver os debuxos...) e qué facemos para tranqulizarnos: respirar, darlle un bico a mamá...

  Ademais pintamos o bote da rabia segundo canto nos enoxamos nas situacións antes mencionadas: moitos puntiños vermellos se nos enoxamos moito e poucos se o noso enfado non é moi grande.

   

CAXOTO CONTACONTOS

   Seguimos celebrando a Semana do Libro e hoxe contamos coa visita de Caxoto Contacontos que nos falou das emocións e do que temos que facer para estar sans: comer sano, durmir ben, facer deporte e coidar o noso corazón.

   Contounos unha historia fermosa sobre os lapis de cores e as súas emocións e tamén cantou unha cantiga sobre unha avoa, un neno e un burro.

  Que ben o pasamos!!! Moitas grazas Caxoto!!!!

SEMANA DO LIBRO: PESCAMOS CONTOS

   Estes días celebramos a Semana do Libro e hoxe fomos "pescar libros" no pozo que temos no cole. Así cada un/unha de nós pescaba un libro (a imaxe da portada) coa cana de pescar e tiñamos que saber qué compañeira ou compañeiro dicira días antes que ese era o seu conto favorito. Cando o adiviñábamos o neno ou nena nos contou de qué trataba.

    

       

      

       

         

        

          

UN NOVO AMIGO DA FAUNA

   Hoxe Jacobo, un compañeiro de 5º de Primaria, amosounos ao seu novo amigo: unha amantis. Explicounos un poquiño sobre ela e nós puidemos facerlle as preguntas que quixeramos. Xa coñecemos un novo membro da fauna.

NOVO EXPERIMENTO

   Hoxe preparamos un novo experimento relacionado coa primavera. Que sucederá? Xa puidemos ver algún cambio e durante estes días seguiremos observando para ver o que ocorre.

       

      

     

Distribuir contido