Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

PSICOMOTRICIDADE AO AIRE LIBRE

   Hoxe aproveitamos o bo tempo e cunhas pelotas saltarinas estivemos saltando polo campo que rodea o noso cole. Que ben o pasamos!!! Ademais tamén xogamos no rocódromo.

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

   Onte celebramos o Día Internacional da Muller, 8M, e comezamos coñecendo o conto de "Bonitas", historia que nos ensina que cada chica é unica, inxeniosa, adorable... e que a beleza non está no exterior.

   Despois fomos dicindo palabras que definen ás mulleres; saiu unha lista con termos moi fermosos.

   E por último cada un dos nenos e nenas debuxou a unha muller e escolleu a palabra da lista que a definise. Con todos eses debuxos creamos un globo por cada grupo- mesa da aula. Quedaron xeniais!!!

                        

INGLÉS AO AIRE LIBRE

   Hoxe tivemos a clase de inglés rodeados de natureza. Ademais de repasar a familia e as partes da casa, tamén xogamos ao xogo das cores. Aprendemos xogando!!!

   

CONTO DAS FAMILIAS: EL VIAJE DE ALMA

   Esta semana vimos o vídeo onde a mamá de Naela nos contaba o conto de " El viaje de Alma", unha fermosa historia onde a protagonista viaxa por diferentes emocións e grazas a elas aprende moitas cousas sobre sí mesma.

EXPERIMENTOS

    Esta semana fixemos dous experimentos: volcán de cores e o cacao máxico.

  No primeiro deles vimos como se mesturamos vinagre con bicarbonato de sodio créase unha reacción que se asemella á erupción dun volcán, e se lle engadimos cores aínda é máis espectacular.

  No segundo puidemos observar como o cacao sumerxido en leite pasa de estar mollado a seco se o pinchamos cun palillo.

              

   

 

Distribuir contido