Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

CAXOTO CONTACONTOS

   Seguimos celebrando a Semana do Libro e hoxe contamos coa visita de Caxoto Contacontos que nos falou das emocións e do que temos que facer para estar sans: comer sano, durmir ben, facer deporte e coidar o noso corazón.

   Contounos unha historia fermosa sobre os lapis de cores e as súas emocións e tamén cantou unha cantiga sobre unha avoa, un neno e un burro.

  Que ben o pasamos!!! Moitas grazas Caxoto!!!!

SEMANA DO LIBRO: PESCAMOS CONTOS

   Estes días celebramos a Semana do Libro e hoxe fomos "pescar libros" no pozo que temos no cole. Así cada un/unha de nós pescaba un libro (a imaxe da portada) coa cana de pescar e tiñamos que saber qué compañeira ou compañeiro dicira días antes que ese era o seu conto favorito. Cando o adiviñábamos o neno ou nena nos contou de qué trataba.

    

       

      

       

         

        

          

UN NOVO AMIGO DA FAUNA

   Hoxe Jacobo, un compañeiro de 5º de Primaria, amosounos ao seu novo amigo: unha amantis. Explicounos un poquiño sobre ela e nós puidemos facerlle as preguntas que quixeramos. Xa coñecemos un novo membro da fauna.

NOVO EXPERIMENTO

   Hoxe preparamos un novo experimento relacionado coa primavera. Que sucederá? Xa puidemos ver algún cambio e durante estes días seguiremos observando para ver o que ocorre.

       

      

     

CONTO DAS FAMILIAS: LOS TENTÁCULOS DE BLEF: MIEDO

   Este xoves vimos outro vídeo do conto das familias. Nesta ocasión Ainara xunto coa súa mamá e o seu papá nos contaban o conto de "Los tentáculos de Blef: miedo", unha historia onde Blef non pode durmir, pero non porque non teña sono, senón porque mañá é o seu primeiro día de colexio e ten medo, pero chegado o día verá que todo sae ben e esa emoción transformarase en traquilidade.

   Despois de ver o conto falamos de que sentimos cando temos medo: calambres, tristeza, dor de barriga... pero como xa vimos os medos poden superarse.

   Ademais tamén coloreamos a Blef cons seus tentáculos morados.

   

Distribuir contido