Como o domingo se celebra o Día do amor hoxe fixemos unha actividade artística para celebralo: nun anaco de cartón e utilizando corchos como pinceis pintamos corazóns con diversas cores. Quedaron preciosos!!! Somos uns artistas!!!
Hoxe 11 de febreiro celebramos o Día da muller e a nena na ciencia. Primeiro coñecemos a unha das científicas máis importantes, Marie Curie, e falamos un pouco sobre o tema desta celebración.
A continuación fixemos un taumatropo como experimento: tendo dous debuxos separados, un paxaro e unha xaula, podemos facer que un estea dentro do outro.
Hoxe cumplimos co último mandado do meco: poñer algo na cabeza, no pescozo e nos pés, e iso fixemos.
Hoxe cumplimos co segundo mandado, tendo en conta tamén o primeiro, por iso hoxe levamos algo na cabeza e no pescozo.
Hoxe cumprimos co primeiro mandado do meco: POÑER ALGO NA CABEZA.