Iniciar sesión: Acceso

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

   Hoxe 11 de febreiro celebramos o Día da muller e a nena na ciencia. Primeiro coñecemos a unha das científicas máis importantes, Marie Curie, e falamos un pouco sobre o tema desta celebración.

   A continuación fixemos un taumatropo como experimento: tendo dous debuxos separados, un paxaro e unha xaula, podemos facer que un estea dentro do outro.