Iniciar sesión: Acceso

CONTO DAS FAMILIAS: CUANDO ESTOY CELOSO

   Esta semana vimos o vídeo onde a mamá de Francisco nos contaba o conto "Cuando estoy celoso", unha historia na que o protagonista nos conta situacións nas que sinte celos e que tamén axuda a superar eses sentimentos. 

   Despois falamos de se algunha vez sentimos celos e por qué e coloreamos a marioneta dun coello, personaxe do conto.

   Encántanos este momento da semana cando coñecemos un novo conto coa axuda das familias!!!Sorriso