Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

TRABALLAMOS A SERIES

   Hoxe estivemos traballando a seriación con diferentes materiais: mesa de luz e cuchariñas de cores, figuras xeométricas, boliñas de cores e pinchos; ademais de traballar a nosa motricidade fina.

  Fixémolo moi ben!!!

APRENDEMOS XOGANDO

    Ola!!

  Hoxe saímos ao patio a traballar a expresión artística e a lectoescritura. Que ben o pasamos!!!

      

       

       

       

 

NORMAS DA AULA

    Ola!!

  Xa temos rematado o noso mural das normas de aula e estamos list@s para cumprilas todas!!!

 

VISITA

  Hoxe recibimos a visista de Manolito que se vai quedar connosco ata as vacacións de Nadal para ensinarnos unha morea de cousas sobre o nosos corpo, dentro do proxecto "O corpo humán".

  Encantounos chegar á clase e atoparnos con el. Vai ser unha estupenda compañía durante este trimestre e seguro que aprendemos moito Sorriso

EXPERIMENTO DO OUTONO

Ola!!!

Esta semana fixemos o noso primeiro experimento, nesta ocasión relacionado co outono.

Para iso collimos unha piña do noso recuncho do outono e metímola nun recipiente con auga que despois pechamos. Entón empezamos a falar do que pensabamos que lle sucedería: afundiríase, morrería, pecharíase, salería do bote….

Marchamos do cole agardando volver ó día seguinte para ver que foi o que ocorreu ca piña. Cal foi a nosa sorpresa cando vimos que a piña estaba pechada e polo tanto o seu tamaño cambiara: era máis pequena.

Encantounos ver a súa transformación. Xa estamos desexando facer outro experimento. Cal será?

                                                        

Distribuir contido