Iniciar sesión: Acceso

EXPERIMENTO DO OUTONO

Ola!!!

Esta semana fixemos o noso primeiro experimento, nesta ocasión relacionado co outono.

Para iso collimos unha piña do noso recuncho do outono e metímola nun recipiente con auga que despois pechamos. Entón empezamos a falar do que pensabamos que lle sucedería: afundiríase, morrería, pecharíase, salería do bote….

Marchamos do cole agardando volver ó día seguinte para ver que foi o que ocorreu ca piña. Cal foi a nosa sorpresa cando vimos que a piña estaba pechada e polo tanto o seu tamaño cambiara: era máis pequena.

Encantounos ver a súa transformación. Xa estamos desexando facer outro experimento. Cal será?