Iniciar sesión: Acceso

TALLERES DOS SENTIDOS

   Este venres realizamos o taller dos sentidos facendo diversas actividades para traballar o sentido da vista, do tacto, do gusto, do olfacto e do oído.

 No taller da vista tiñamos que observar diferentes láminas e buscar as diferenzas entre dúas imaxes ou identificar froitas e verduras nunha imaxe na que todo estaba un pouquiño mesturado.

   

 

   No taller do tacto tiñamos que meter a man nun calcetín de Nadal e sen mirar, só tocando o obxecto, adiviñábamos que obxecto era.

   No taller do gusto, observamos as imáxenes de diferentes alimentos e diciamos se o seu sabor era doce, amargo, salado ou agrio.

  

   No taller do olfacto, uliamos un disco de algodón impregnado dun olor e tiñamos que saber a qué ulía (mango).

   E por último, no taller do oído cada un tiñamos un bote con algo dentro que tiñamos que axitar para poder adiviñar polo seu son que era o que había dentro.