A semana pasada comezou o outono e hoxe ao chegar á clase puidemos ver o noso recuncho desta estación do ano na que nos atopamos. Nel temos elementos típicos como cabazas, castañas, noces, piñas, landras... e elementos de decoración como esquíos, ourizos, cogomelos e ata unha señora asando castañas.
No recreo estivemos collendo follas e ata atopamos castañas. Despois coas follas, pintámolas coas cores do outono (laranxa, vermello e marrón) e estampámolas nunha follas en branco. Quedaron xenial!!!