Iniciar sesión: Acceso

XÚPITER E MEDIOS DE TRANSPORTE

   Ola peques!!

 List@s para as tarefas de hoxe?

  Comezamos coñecendo outro planeta: Xúpiter. No seguinte vídeo volo presento. Ademais vos explico a actividade.

    Imos xogar aos bolos como se a pelota fose Xúpiter, ver se tiramos moitos ou poucos bolos e contamos cantos tiramos (os nenos e nenas de 3 anos só contan).

  Os peques de 4 e 5 anos ademáis, cando rematamos de xogar tódalas partidas, podemos sumar cantos bolos tiraron en total como se explica no vídeo.

  Ademais lle imos ensinar a Pixi os medios de transporte. No vídeo que vos deixo a continuación podemos lembrar cales son e logo facer un xogo moi divertido seguindo unha secuencia como se fose o percorrido que fai un coche, moto, etc. (Ademais das dúas formas que explico no vídeo de cómo facer a actividade, pódese facer tamén cun coche de xoguete ou un boneco que faga o percorrido da secuencia).

   As secuencias poden ser: 1-2-3-4-5-6-7-8-9-10      2-4-6-8-10     

1-3-5-7-9    1-3-4-2-5-8-7-6-9-10

   

   Para rematar aquí tedes unha canción dos medios de transporte.

    Mil bicos!!