Iniciar sesión: Acceso

VOLTA Ó COLE!

Ola familias! Sorriso

Esta semana comezamos unha nova aventura na aula de 4 anos, con profe nova e para algúns tamén unha clase nova. Estivemos a coñecer os espazos e recunchos desta, gozando de moito tempo de lecer.

O que máis nos gusta sen dúbida é xogar cos coches e os lego, explorando con diferentes construcións e creando as nosas propias estradas e cidades, cos animais e os playmobil.

Tamén nos gustou moito o noso recuncho do xogo simbólico, coa cociniña, o supermercado e os bebés. Encantounos ir á compra e xogar a vestir e desvestir aos bonecos...

Unha das cousas que novas que nos gustou foi facer pizzas, o forno estaba a tope... que ricas nos quedaron!! Canso

Outro dos espazos que nos gusta é o recuncho de arte, encántanos a témpera sólida e poder levar os nosos debuxos para casa.

Ademais deunos tempo a gozar xuntos do noso novo espazo para a lectura... que ben se está! O que máis nos gusta é meternos dentro do tipi Guiño

Non nos podemos esquecer que tamén desenvolvemos as nosas habilidades mentres nos divertiamos:

Aprendemos a compartir os materiais mentres traballamos a motricidade fina e a concentración: fixemos bolitas, churros, formas... controlando a nosa forza. Reláxanos moito!

Fomentamos a creatividade, a motricidade fina e o agarre, decorando os nosos novos manteis personalizados para a merenda, quedáronnos chulísimos!

Tamén puidemos xogar con xogos novos que desenvolven as nosas habilidades. Con este xogo de pesca traballamos a coordinación óculo-manual, a paciencia e a atención. Temos que estar moi concentrados!

Coas plantillas de asociación sombra-figura desenvolvemos a percepción visual, o pensamento e a atención, mentras traballamos o vocabulario de diferentes campos semánticos. Algunhas se nos complicaron un pouco pero... somos unh@s cracks!!

O bingo numérico serviunos para repasar conceptos básicos e traballar o conteo... había que estar moi atentos, xa que algunhas fichas eran moi difíciles!

E cos autobuses do zoolóxico seguimos traballando a atención, buscando os animais que eran iguais e colocándoos no lugar correspondente.

Por último, unha das novidades deste curso son as zapatillas, parece que nos gusta a idea porque estamos moi cómodos en clase... case case como na casa!

Outra das novidades son os equipos de traballo das mesas: coñecimos ó elefante Elmer, a Zebra Camila e ó Coelliño Branco. Cada un xa sabe cal é o seu equipo e o seu sitio novo!

A profe Noe está moi contenta porque a recibimos cos brazos abertos e superamos estes primeiros días con creces. Somos uns campións e campioas!

A semana que vén máis...!!! Risa