Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

COMEZAMOS!!!

   Ola peques!!!

   Xa estamos de volta e a partir de agora os martes as actividades propostas van a estar relacionadas coa Psicomotricidade, a Estimulación Oral e Inglés.

   Lembrade que tódolos días podemos adicar un ratiño a falar do día que é, dicindo a data completa, por exemplo hoxe é martes 14 de abril de 2020; o tempo que vai e a estación na que nos atopamos.

   As actividades de psicomotricidade podedes velas no blogue de Educación Física e as de Estimulación Oral no blogue da Aula Naranja.

   Este trimestre imos ter como centro de interese o Sistema Solar, por iso para ir comezando déixovos un vídeo co nome dos planetas en inglés para que poidades ir practicando un pouquiño. 

    Bótovos moito de menos!!!

   Moito ánimo e un bico enorme!!!

REMATE FINAL DO PROXECTO DOS DINOSAURIOS

     Ola!!!!

    Para rematar co proxecto dos dinosaurios que traballamos durante o segundo trimestre, amoso unha pequena recopilación das fotos que fixeron os nenos e nenas coa cámara que tiñamos na aula, un dos instrumentos necesarios dun paleontólogo.

  Entre fotos e vídeos había 341 arquivos, o que demostra que os peques foron uns magníficos paleontólogos. Bravo peques!!!!! Estou moi orgullosa de vos Sorriso

                  

                           

                       

                  

               

                

                                           

ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE

    A semana na que comezou o confinamento, os nenos e nenas de infantil nos transformamos en xornalistas para conmemorar a Semana da Prensa e cada un/unha fixemos unha noticia sobre algo que aconteceu no colexio durante este curso. Pasámolo moi ben e xa podemos dicir que temos a primeira edición do noso xornal "PEQUEVALÓN".

   Agardamos que vos guste!! 

                                                     

                                                    

XA É VENRES!!

   Ola peques!!!

   Casi rematou a semana e xa queda menos para vernos!!!

   Hoxe vos propoño xogar a "Adiviña que é", un xogo no que temos que describir un obxecto ou a unha persoa e os demais deben adiviñar de qué ou quen falamos. Tamén podemos darlle a volta e que as vosas familias os describan algo e vós o adiviñedes.

   

   Agora imos traballar coas mans e para iso con papeis que teñades pola casa, de cores, de revistas ou doutro tipo, imos facer boliñas, as cales podemos usar para facer unha manualidade. Eu vos propoño unha mandala, pero podedes facer o que máis vos guste.

                         

   Xa sei que a semana que ven estamos de vacacións, pero podemos adicar un pouquiño cada día a repasar o traballado ata agora (números, letras, sumas, inglés). Para iso vos deixo o enlace a unha aplicación que ten actividades moi variadas. 

   https://www.educanave.com/

  

   Tamén vos deixo un vídeo cuns cortos que resaltan a importancia de traballar en equipo, xa que para poder acabar con coronavirus temos que traballar todos xuntos e quedarnos na casa.

   

  E como ademais temos que descansar un pouco, vos propoño  facer estes días algunha clase de relaxación.

   

  Hoxe é venres e como facíamos na clase, por que non facemos sesión cine? Xa me contaredes que películas vedes!!! Sorriso

  Un bico enorme!!! 

  

QUE VOS APETECE FACER HOXE?

    Ola peques!!

   Estades listos para as propostas de hoxe? Comezamos.

   Primeiro podemos facer o abecedario con obxectos que temos pola casa: legumes, xoguetes, teas ou calquera material que teñades. Os nenos e nenas de 5 anos poden facelo en minúsculas aínda que é un pouquiño máis difícil.

   

   Seguimos con obxectos da casa e podemos facer unha serie con culleres, garfos, tapóns, pinzas....

   

    Como tedes as orellas? Listas para escoitar? Deixo dous vídeos de sons para adiviñar qué instrumento ou animal está soando. Cantos acertáchedes? (Familias nos vídeos aparece a forma do obxecto ou animal que está soando, se podedes non deixedes que a vexan mentras escoitan o son, que intenten adiviñalo só escoitando).

    

    Moito ánimo!!!

   Un bico enorme!!

Distribuir contido