Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

RECURSOS DE INGLÉS

  Ola de novo!!!

  Déixovos uns vídeos para traballar o inglés que vos manda Begoña. Hoxe son versións que xa coñecedes para que poidades repasar o traballado na aula. Ó longo dos días irei colgando máis recursos.

   

    Ademais deixo o enlace a un xogo para practicar a roupa.

   http://learnenglishkids.britishcouncil.org/games/teddy-dresser

   Grazas Begoña!!!

   P.D. Seguro que ela vos respondería: DE NADA MONADA

VÍDEO

     Ola!!

   As nenas e nenos de infantil fixemos un vídeo para mandarvos moito ánimo!!!

   XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO!!!!

NOVAS TAREFAS

   Ola peques!!!

  Como estades? Estou seguro de que estades facendo unha morea de actividades divertidas. Hoxe imos traballar un pouco de lóxica- matemática e a atención.

   Para iso imos facer a casiña de descomposición dun número: os nenos e nenas de 3 anos o número 4 con gomets, os de 4 anos o número 7 e os de 5 anos o número 12. Déixovos a imaxe de cómo é a casiña.

   Despois collemos unha baralla de cartas que teñades polas casa e imos a ordear tódolos paus do 1 ao 12, no caso de que sexa unha baralla española (os nenos e nenas poden facela só ata o 10).

   

  E por último por hoxe imos xogar ao tangram, o cal xa coñecedes porque temos un na clase. Coa axuda das vosas familias podedes facer un con papel, cartulina ou cartón e despois facemos algunhas das figuras que vos deixo aquí abaixo. 

                                             

                                                         

   Déixovos tamén o enlace a un páxina de Kalandraka onde tedes vídeos de contos. Podedes escoitar un e logo facer un debuxo.

  http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1#PD_Loli%20Blanco%20-%20La%20cebra%20Camila

  Mándovos un bico enorme!!! Xa falta menos para vernos Sorriso

PLANTAMOS E BAILAMOS

    Ola!!!

   Hoxe fai un día de sol marabilloso e vos deixo unhas actividades moi divertidas e alegres Sorriso

   A primeira delas é plantar semillas de lentellas, garavanzos ou calquera que teñades pola casa. Para iso necesitamos un envase de iogur, algodón e as semillas. Os pasos a seguir son os seguintes: poñemos o algodón dentro do envase de iogur, o humedecemos ben e despois poñemos as semillas no medio do algodón. Agora só queda esperar e ver o que pasa!! Crecerán esas semillas?

   

 

   Tamén vos deixo un vídeo con cancións de dinosaurios que lles encanta aos nen@s!!!

  

   Moito ánimo familias!!!

  Un bico enorme!!

NOVAS PROPOSTAS

   Ola!!

   As propostas de hoxe son moi variadas:

   1- Facer unha pirámide alimentaria: na clase xa a estivemos traballando, falando dos alimentos que hai en cada unha das partes nas que se divide. Se tedes folletos de supermercados os nenos e nenas poden buscar os alimentos neles, recortalos (traballando así o uso das tesoiras) e pegalos no sitio correcto da pirámide. Senón tamén poden debuxalos e pintalos (os peques de 3 anos necesitan máis axuda).

   2- Grafías: para poder traballar de forma divertida a grafía dos números e das letras en maiúsculas (as nenas e nenos de 5 anos poden tamén facer as letras en minúscula) só necesitamos unha bandexa ou a tapa dunhha caixa de zapatos e sal. E xa temos lista unha bandexa máxica que nos permite facer tantas letras e números como queiramos e borralos de forma sinxela para seguir facendo máis.

   3- Escoitar a radio: déixovos o enlace a unha radio para nenas e nenos de 0 a 9 anos, BABYRADIO, na que poden escoitar a radio en directo ademais de contos, cancións e diversas emisións para traballar aspectos relacionados coa natureza, educación vial, inglés, sen esquecer tamén que tedes podcasts para os diferentes momentos do día (almorzo, cena, baño e descanso).

   https://babyradio.es/emision-espana/


    Un bico enorme!!

 

   

Distribuir contido