Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

MOVENDO O CORPO

    Bos días!!!

   Hoxe podemos traballar un pouquiño de inglés, mover o corpo facendo deporte e traballar a nosa expresión oral.

   Para iso Begoña vos propón uns vídeos para traballar o nome dos planetas, o conteo ata 10 e as emocións.

   

   Lembrade botarlle un ollo aos blogues de Educación Física e da Aula Naranja para ver as actividades desta semana.

   Moito ánimo!!

   Moitos bicos!!!

O SOL

    Bos días!!!

   Comezamos a semana e como acertáchedes a adiviña do venres hoxe imos coñecer un poquiño o sol. Deixo un vídeo onde explico cousiñas desta estrela e onde propoño unha actividade de conciencia fonolóxica, dicir/escribir dúas palabras que comecen pola S, O e L. Ademais se vos animades podedes debuxar o sol e escribir/formar o seu nome.

   No vídeo que aparece a continuación tamén se pode ver o sol de forma máis real.

   

   Ademais deixo unha serie de imaxes para traballar a discriminación visual, onde os nenos e nenas teñen que buscar diferenzas entre dúas imaxes ou atopar uns obxectos concretos (no documento adxunto están as mesmas imaxes por se resulta máis doada a súa visualización, xa que non é necesario imprimilas, pódese facer desde a pantalla).

                

                   

   Tamén podedes xogar ao VEXO VEXO, modificando un pouco o xogo e buscar obxectos non só pola súa cor, senón tamén pola súa forma (cadrado, esfera...) ou pola súa utilidade (para cortar, fregar, peitearse...).

   No seguinte vídeo podedes ver a canción dos planetas en castelán.

   No primeiro vídeo tamén amoso como facer un cohete voador por se vos animades a facelo.

   E por último deixo a adiviña que comento no vídeo.

  

    Moitos ánimo!!!

   Moitos bicos!

 

DESPEGAMOS!!!

    Bos días!!

   Agora que xa temos o noso traxe de astronauta o que necesitamos é un nave para poder viaxar ao espacio. A continuación deixo un vídeo onde lles explico aos peques o medio de transporte que imos a empregar. Coñecedes outros medios de transporte? Cales?

   Qué palabra é máis longa: LANZADERA OU COHETE? E cal é máis curta?

   

    De seguido poño uns vídeos para traballar o despegue.

   No primeiro podemos ver como despega unha nave de verdade.

   

   No segundo traballamos o conteo do 0 ao 10 e a retroconta do 10 ao 0.

   

   No terceiro podemos ver a retroconta do 10 oa 0 pero sen son para que os nenos e nenas a vaian dicindo.

   

   E neste traballaremos a retroconta do 20 ao 1. Para os nenos e nenas de 3 anos é complicado pero poden velo para ir coñecendo os números do 10 ao 20.

   

    A continuación deixo uns enlaces para poder realizar unhas actividades.

   Neste os nenos e nenas poden montar un cohete.

    http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/astronomia/infantil/index.html

   No seguinte enlace trabállase o conteo. É máis ben para os peques de 3 anos pero os demais tamén poden facelo e así repasar os números.

   https://www.juegosarcoiris.com/juegos/numeros/contar/

   Neste enlace teñen que ordear os números do 1 ao 20 e ao revés. Os nenos e nenas de 3 anos poden facelo, sobre todo do 1 ao 10.

   https://arbolabc.com/juegos-de-numeros/que-desorden-numeros-1-20

   E neste último traballamos as sumas. Hai de diferentes niveis de dificultade. Eu recomendo facer os tres primeiros: suma básica, suma ata 5 e suma ata 10. Para os nenos e nenas de 3 anos é díficil. Eles/elas poden facer sumas manipulativas con obxectos da casa: por exemplo, coller tres obxectos, logo dous e contar cantos teñen en total.

   https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/matematicas/sumas  

   Por último deixo a poesía que menciono no vídeo.

   

   Moito ánimo e un bico enorme!!!

ARTÍSTICA, MÚSICA E RELIXIÓN/VALORES.

    Ola!!

   Hoxe podemos traballar un pouquiño a área artística, para iso vos propoño unha actividade de grafismo creativo. Os nenos e nenas de 3 anos poden facer o debuxo dos círculos e as nenas e nenos de 4 e 5 anos o debuxo da flor. Déixovos as imaxes de ambos, ademais dun vídeo onde explico como levar a cabo ambos debuxos.

                                 

   

  

   Por outro lado, a nova profe de música, Rocío, esta semana vos deixa uns vídeos para traballar un pouquiño a música e o inglés.

  

   Por último, as actividades que propón Flor para o alumnado de Relixión podedes velas na publicación anterior a esta.

   Para os demais que imos traballar valores, déixovos un corto "The bridge" (El puente) para traballar a colaboración, a empatía e a xenerosidade, amosándonos ao mesmo tempo que ante un problema que se nos pode plantexar no noso día a día temos que intentar buscar unha solución e non enfadarnos cos que temos ao noso arredor.

   Un bico enorme!!!

HOXE CONVERTÍMONOS EN ASTRONAUTAS

   Bos días peques!!!

   Onte todos vos animástedes a axudar a Manu a regresar do espacio e por iso hoxe convertirémonos en astronautas!!! Que vos parece? Pero necesitamos coñecer as partes do noso traxe. Mandareivos un vídeo onde vos explico os distintos elementos que o compoñen, ademais de cómo podemos realizar a actividade proposta.

   A actividade consiste en traballar vocabulario relacionado co astronauta, puidendo facelo de maneira manipulativa (letras en tapóns, en papel...) e formar as distintas palabras, e tamén de forma escrita no caso dos nenos e nenas de 4 e 5 anos (estes últimos tamén poden intentalo en minúscula).

  

   Ademais déixovos unha poesía.

   

   Por último tamén vos mandarei o vídeo dun conto "Las acuarelas de Carlota" de Loida González, onde Carlota non ensina que debemos ser valentes e creativos, sen medo ao que poidan pensar os demais.

   E vos propoño facer un debuxo: qué vemos se miramos ao ceo cando é de día e cando é de noite? Pois se mirades pola fiestra e observades ben o que hai no ceo neses dous momentos podemos debuxalo. Vese a lúa polo día? E as nubes pola noite? Estou segura de que van saír uns debuxo preciosos!!

   Moito ánimo peques!!! Estades sendo uns campións e campionas!!

   Un bico enorme!!!

Distribuir contido