Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

BENVIDO ABRIL!!

   Bos días peques!!!

  Hoxe comezamos novo mes e imos facelo con forza e alegría.

  Para iso, que vos parece se xogamos unha partida ao parchís, oca ou calquera outro xogo que teñades na casa?

   

   Tamén podemos facer unha lista de palabras sobre un tema concreto: animais, prendas de roupa, froitas, partes do corpo, medios de transporte... Cantas sabedes?

   

   E por último, se vos apetece podemos debuxar a unha persoa: podedes ser vós mesmos, un membro da familia, un amigo o a alguén que botedes de menos. 

   

   Déixovos o calendario de abril como documento adxunto e vos poño tamén outra canción para repasar inglés.

   

   Un bico enorme!!!

QUE IMOS FACER HOXE?

   Bos días!!!

   Hoxe podemos facer varias tarefas. A primeira delas é traballar o número anterior e posterior. Para iso podemos usar a recta numérica e a tabla do 100. Escollemos un número e dicimos cal é o número anterior e posterior a ese. Os nenos e nenas de 5 anos tamén poden dicr cal é o número que está por enriba e por debaixo do número dito.

   

  Ademais, que vos parece se nos convertimos en cociñeir@s? Podedes elaborar o prato que máis vos guste, traballando vocabulario, cantidades, medidas de hixiene... Ademais os nenos e nenas de 4 e 5 anos poden escribir a receita e os nen@s de 3 anos poden traballar o nome dos ingredientes que empregamos (dicindo as letras que forman cada palabra ou formala con tapóns, pinzas...)

   Tamén podemos xogar a esquerda/dereita. Para iso imónos desprazando polo espazo e cando nos digan stop dicimos obxectos que temos á nosa esquerda e á nosa dereita. Aos nenos e nenas de 3 anos isto cústalles un pouquiño, polo que con el@s podemos variar a actividade e dicirlle que collan algo coa man dereita ou esquerda.

  Xa por último, déixovos outra aplicación de inglés para traballar as letras: SMART BABY ABC LETTERS & WORDS FOR TODDLERS

   

   Moito ánimo!! Xa queda menos para vernos.

  Un bico enorme.

COMEZAMOS NOVA SEMANA

   Bos días!!!

  Hoxe podemos facer un xogo: buscar obxectos pola casa que comecen pola letra... a que vos digan as familias ou a que vós queirades, pero non vale facer trampas e repetir sempre as mesmas letras (os nenos e nenas de 3 anos comezan primeiro polas vogais). Despois se queremos podemos escribir os nomes deses obxectos Guiño

  Tamén podemos debuxar a unha persoa ou a varias, poden ser da familia, compañeiros/as, a quen nós queiramos.

  Deixo outro vídeo de inglés para que practiquedes un pouquiño.

  

   Moito ánimo!!

   Un bico enorme

HOXE IMOS TRABALLAR...

    Ola!!!

    Hoxe imos facer unhas sumas. Deixo unha foto cun material que podemos elaborar facilmente na casa e que nos permite facer as sumas de forma manipulativa e tamén repasar a grafía dos números. Aos nenos e nenas de 4 e 5 anos lles dicimos os números das sumas para que eles os escriban, e aos de 3 anos tamén podemos facelo para que o intenten, pero senón llos escribimos nós. Despois poñemos nos recadros tantos obxectos como nos indica o número e facemos a suma.

   

   Outra tarefa que podemos facer é a de debuxar sombras. Aproveitando que hoxe temos un día de sol, collemos unha folla en branco e colocamos un obxecto enriba dela de tal forma que vexamos a sombra na folla. Cun lapis marcamos a silueta da forma e despois rematamos o debuxo como máis nos guste: engadíndolle complementos, pintándoa... O que a nosa mente creativa nos suxira.

   Deixo tamén un vídeo cunha canción de inglés.

   Por último, poño o enlace a un vídeo onde se nos mostra como facer un pequeno experimento só con auga e papel de cociña. Xa me contaredes se vos saiu.

   https://www.instagram.com/p/B9a-5xgjOxp/?igshid=ib3grus9goxc

   Ánimo!!

   Un bico enorme.

   

SEGUIMOS COAS PROPOSTAS

   Bos días!!

  Como estades? Hoxe imos traballar un pouco de lecto- escritura e conciencia fonolóxica.

   As nenas e nenos de 4 e 5 anos buscarán en revistas, xornais, folletos de propaganda ou calquera outro tipo de material similar que teñan pola casa palabras que comecen pola letra A, B, C e así sucesivamente (non hai que facelo hoxe con tódalas letras, é un traballo que se pode facer cada día un pouquiño). Despois leremos a palabra, a recortamos e a pegamos nunha folla en branco, para logo contar as súa sílabas dando palmadas (como cando o facemos cos  tarros de sílabas que temos na aula) e apuntamos o número ó seu lado.

   Se non temos ese material, o que se pode facer é pensar unha palabra que empece por esa letra e escribila.

   Os nenos e nenas de 3 anos fan esta tarefa só coas vogais e precisan máis da nosa axuda. No caso de non ter xornais e demais materiais o que se pode facer é que as familias lles escriban nunha folla varias palabras que comecen pola A, E, etc. e que eles busquen a palabra que empece pola vogal que nós lle indicamos (ou como lles digo eu, que palabra ten a A de primerita?). Despois deben formar esa palabra pegando cada unha das letras que a compoñen, dicindo que letra é. Para finalizar contarán cantas letras ten cada palabra.

    Despois podemos facer unha manualidade usando rollos de papel hixiénico. Xa que nestes momentos que estamos a vivir son os médicos, enfermeiras, repartidores, policías, persoal de supermercado os que están loitando para acabar con este virus, salvar ás persoas e que teñamos os produtos básicos, podemos facer un boneco representando algunha desas profesións e así dámoslles dalgunha forma as grazas (como cando saímos ás 8 da tarde a aplaudir).

   

      Como proposta de inglés hoxe vos deixo unha aplicación para practicar as letras: KIDS PRESCHOOL LEARN LETTERS

    

   E por último póñovos un corto para traballar valores: EL VALOR DE COMPARTIR. 

    Bótovos moito de menos!! Pero xa queda menos para vernos. 

   Mándovos un bico enorme.

Distribuir contido